[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo do xulgado de paz de Bueu


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo do xulgado de paz de Bueu

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AXP.36004
1.2. Título Arquivo xulgado de paz de Bueu
1.3. Datas 1841-2002
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 263libros do rexistro civil e 163 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de paz de Bueu
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Bueu no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Pontevedra, no que se mantén ó longo de todo este tempo ata a creación do partido xudicial de Marín en 1988 ó que pasa a pertencer.

Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando con categoría de xulgado comarcal dende o ano 1945 ata o 1953.

2.3. Historia arquivística

O arquivo do xulgado sitúase nun local propio ocupando unha superficie total de 80 m2.

Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 60 metros lineais.

O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Manuel Pena Pájaro, José Mario Gómez Penide, Iria Jáuregui Carrasco e Victoria Hortas Porto.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1838, criminal dende 1853 e gobernativa dende 1865, ou de eleccións dende 1945.

Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.

3.2. Valoración, selección e eliminación A Pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. REXISTRO CIVIL

   
1.1. CORRESPONDENCIA 1952-2001 8
1.2. NACEMENTOS 1841-2002 139
1.3. MATRIMONIOS 1841-2002 107
1.4. DEFUNCIÓNS 1841-2002 102
1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1889-2001 5
1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1894-1950 2
1.7. NACIONALIDADE 1871-1994 3
1.8. LIBROS DE FAMILIA 1952-1991 1

2. XULGADO

2.1. ADMINISTRACIÓN 1900-2001 11
2.2. ASUNTOS CIVÍS 1838-1992 20
2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1853-1989 14
2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1865-2001 32
2.5. ELECCIÓNS 1945-2001 6
2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1980-1985 1


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... )
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Bueu, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario dos arquivos dos xulgados de paz”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I
D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4
*"Os arquivos dos Xulgados de Paz"
Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pgs. 283-303.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2005 08:25
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/