[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra



Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.APO.36900
1.2. Título Arquivo da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
1.3. Datas 1867-2002
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte Máis de 4.000 unidades de instalación en soporte papel e outros


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O 30 de agosto de 1886 Marín comeza a ser porto de interese xeral de segunda orde a nivel estatal, iniciando unha nova etapa da súa historia. Coa creación, o 23 de setembro de 1907, da Junta de Obras del Puerto y Ría de Pontevedra pasan a depender administrativamente todos os portos da ría desta entidade estatal, que terá diversas denominacións aínda que non cambian as súas competencias ata o ano 1982, cando o Estado lle transfire os portos á Xunta de Galicia, excepto Marín que por ser porto de interese xeral do Estado pasa a depender da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra dende 1993, entidade xestora da que depende o conxunto de espazos terrestres, augas marítimas e instalacións portuarias actuais.
2.3. Historia arquivística

O edificio principal da entidade sitúase en Pontevedra, na avenida das Corbaceiras dende o ano 1933, no porto de Pontevedra.

No recinto portuario de Marín están situadas as oficinas administrativas, un edificio compartido con Capitanía Marítima. A nave onde está o arquivo portuario atópase no sector de reparacións, que comparte principalmente cunha Escola de Formación de actividades do sector.

As instalacións do arquivo sitúanse nunha planta baixa e constan de depósito e sala de consulta.

Son 200 metros cadrados compartidos polo arquivo portuario e a biblioteca especializada, cunha organización informatizada dos instrumentos de descrición de ambos.

A organización e custodia está ó cargo de Marina Díaz Paredes. Compromiso iniciado no mes de abril de 1997, tratase dun arquivo en crecemento constante no que os documentos tanto teñen valor histórico coma administrativo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O fondo constitúe a xestión da entidade dende os seus inicios, aínda que se conservan documentos anteriores. Entre os documentos custodiados máis interesantes destacamos:
· Libros de actas da Entidade (dende 1907).
· Estatística peninsular e particular sobre tráfico mercantil e pesqueiro dende 1935.
· Plans e índices de actividade da Dirección Xeral de Portos cos informes mensuais de 1964 ata 1972.
· Rexistro de correspondencia dende o ano 1907.
· Documentos sobre a denominación do organismo e terreos de 1982 ata 1998.
· Adquisicións de bens mobles dende 1907.
· Vendas e poxas de inmobles dende 1914.
· Expropiacións dende 1915 ata 1987.
· Deslindes dende 1914 ata 1979.
· Permutas dende 1913.
· Lindes dende 1889 ata 1998.
· Estudos sobre infraestruturas e servizos pesqueiros, protección medioambiental, valoración de terreos, de sinais marítimos, de seguridade no porto, de mercado, xeotécnicos entre os anos 1980 e 1995.
· Plans xerais dos portos de 1948, 1952, 1967 e do período 1968-1971.
· Informacións públicas dos plans xerais dende 1923 deica 1980.
· Plan especial de ordenación do porto de 1994 ata 2000.
· Expedientes de obras nos portos de Bueu (1901-1986), Marín (1883-1993), Pontevedra (1894-1974), Sanxenxo (1931-1954), ría de Pontevedra (1904-1969), A Illa de Ons (1935-1996).
· Certificacións e relacións valoradas de obras (1899-1993).
· Informacións públicas de proxectos (1921-1981).
· Proxectos nos portos de Bueu (1905-1983), Marín (1883-2000), Pontevedra (1867-1993), Sanxenxo (1923), ría de Pontevedra (1867-1957), A Illa de Ons (1932-1987), outros portos da ría (1932-1936).
· Expedientes do ferrocarril (1920-1999) e proxectos de ferrocarril (1885-2000).
· Expedientes de accesos e estradas (1948-1983) e proxectos (1940-1983).
· Expedientes sobre sondaxes (1928-1990) e sondaxes (1969-1992).
· Sinais marítimos: expedientes (1959-1993) e proxectos (1921-1983).
· Observacións de mareas (1912-1986).
· Intensidade do vento (1976-1996).
· Orzamentos de conservación (1898-1951).
· Concesións e autorizacións de obras: expedientes e proxectos das diversas instalacións relacionadas co sector industrial portuario -lonxa, fábricas de salazón, fábricas de xeo, frigoríficos- e industrias instaladas na ría como Ence, Tafisa e Elnosa (1899-2000).
· Servizos portuarios facturados e recadados.
· Control de buques e movemento de mercancía, operacións de grúas e básculas, o tráfico mercantil e pesqueiro.
· Raxó (1939-1948); imposto de transporte (todos: 1932-1938); partes de explotación de todas as tarifas en Bueu, Marín, Estribela, Pontevedra e Sanxenxo dende 1936. A partir de setembro de 1966 en Marín, Pontevedra e Bueu. Dende 1983 constan os datos de Pontevedra e Marín.
· Rexistro de pagamento das taxas: 17.07(aluguer de lonxa, 2% de pesca, superficie, uso xeral do porto) e outras taxas nos portos de Combarro, Raxó, Portonovo, O Grove e Aldán (1952-1977).
· Rexistro de recadación de servizos portuarios e concesións de Marín, Bueu, Estribela, Sanxenxo e Pontevedra (1949-1984).
· Orzamentos de conservación dos portos de Pontevedra, Marín, Bueu e Sanxenxo de 1925 e 1926.
· Orzamentos de ingresos e gastos, contas liquidacións, rexistros de pagamentos e ingresos (1926-1997).
· Gastos mensuais xustificados de conservación, de explotación, de obras, de Secretaría, de Dirección, de Montepío, etc. e ingresos dende 1930.· Libros de contabilidade a partir do ano 1908: diario, actas de arqueo, libro maior.

· Escola Naval: expedientes (1915-1962) e proxectos (1944-1951).

No fondo gráfico pode admirarse a evolución da ría de Pontevedra, da súa costa, dos seus lugares, da evolución dos portos.

No fondo cartográfico os orixinais únicos son verdadeiras xoias tanto pola súa antigüidade coma polo traballo que supuxo a súa elaboración.

Cabe engadir a Biblioteca Especializada tanto de publicacións actuais coma as coleccións antigas, de grande interese sobre o sector portuario, obras públicas en xeral, arquitectura e enxeñería; publicacións locais, lexislación, dossiers de prensa dedicados a actividade, xestión e obras portuarias; as memorias anuais dos portos máis importantes do Estado Español e outros portos internacionais, tanto en papel coma en CD, sen esquecer a videoteca. Fondo que pode servirnos de importante complemento de estudo da documentación do arquivo.

3.2. Valoración, selección e eliminación Os documentos antigos, tanto orixinais coma copias, teñen valor histórico e non son eliminados. Nos documentos actuais faise a selección dos orixinais e elíminanse as súas copias.
3.3. Novos ingresos As transferencias dependen da actividade administrativa e xestións das diferentes áreas da Autoridade Portuaria.
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Os documentos son públicos e a súa consulta é libre agás as limitacións legais atendendo á normativa vixente. Para ó acceso debe presentarse unha instancia da consulta requirida e o seu motivo ante a Autoridade Portuaria.
4.2. Condición de reprodución A reprodución dos documentos, nos diferentes soportes nos que se conservan -coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade- poden realizarse tras solicitar os servizos de reprodución e pagar as taxas propias do servizo.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Os documentos están principalmente escritos en castelán.Tamén dispoñemos de obras en galego, inglés, francés, portugués e alemán, entre outros.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Os documentos de xestión da Entidade sobre papel presentan un bo estado de conservación grazas ó sistema de control higrotérmico do depósito.
4.5. Instrumentos de descrición Cadro de clasificación e inventario informatizado.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Os documentos máis antigos poden atoparse no arquivo dependente da orde do Císter no mosteiro de Oseira (no caso de que non sufriran o incendio das súas instalacións no século XX) e algúns dos contemporáneos atoparanse no Arquivo da Administración do Estado (AGA) en Alcalá de Henares (Madrid) porque dende o século XX pasa a depender do Ministerio de Obras Públicas ou Fomento.Algúns dos documentos da xestión portuaria foron entregados ó Grupo de Portos de Pontevedra no ano 1964 e outros á Xunta de Galicia en 1983. Pero da maioría se consérvanse copias.
5.2. Existencia e localización de copias Ademais dos nomeados, podemos atopar documentos portuarios no arquivo histórico de Pontevedra, no arquivo da Deputación, nos arquivos municipais con porto dependente desta entidade durante case todo o século XX, no arquivo do Ministerio de Transportes, Puertos del Estado, Subdelegación do Goberno, arquivos de RENFE e arquivos doutras autoridades portuarias.
5.3. Unidades de descrición relacionadas A maioría das nomeadas e organismos e empresas con documentación relacionada coas actividades económicas, industriais, comerciais, obras públicas.
5.4. Nota de publicacións “La ría de Pontevedra”/ Xosé Fortes Bouzán.- Marín: Autoridade Portuaria.
D.L. PO-217-86
“El ferrocarril Pontevedra-Marín”/ Marina Díaz Paredes.- Marín: Autoridade Portuaria.
D.L. PO-347-02
“El puerto de Marín: análisis estructural”/ Julia Sánchez Abalos.- Pontevedra: Deputación provincial, 1987
“A historia do porto de Marín” Marina Díaz Paredes.
Accesible dende a páxina WEB da Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra: www.portel.es.
”Rolada”, publicación da Autoridade Portuaria bimensual.


6. Área de notas
6.1. Notas As instalacións do arquivo portuario é o complemento cultural das actividades diarias dun porto. Un conxunto de documentos en diferentes soportes e formatos conservados nun local con condicións ambientais e sistemas contra calquera efecto extrano e incendio na procura da custodia do patrimonio documental da administración. Ten o servizo de lectura e estudio en sala para investigadores e sirve como centro de documentación completo favorecendo á búsqueda de calquera cuestión para a boa xestión dos servizos da Autoridade Portuaria.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Marina Díaz Paredes
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Novembro de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/03/2005 13:36
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/