[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo da Irmandade de labregos e gandeiros de Mondariz-Balneario


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo da Irmandade de Mondariz-Balneario

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36031.AISLG
1.2. Título Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Mondariz-Balneario
1.3. Datas 1944-1982
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 28 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Mondariz-Balneario
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Un dos organismos administrativos presentes no concello durante o período franquista, con continuidade funcional tamén na democracia, foi a Irmandade de Labradores e Gandeiros en concepto de representante legal dun sistema de organización sindical agrario que atopaba nas delegacións locais das irmandades unha vía para atender o conxunto da poboación ó mesmo tempo que permitía canalizar os intereses e necesidades corporativos do sector.

2.3. Historia arquivística

A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Mondariz-Balneario carecía de local propio e utilizaba para o desenvolvemento das súas actividades un local cedido na primeira planta da propia casa do concello, compartindo ó mesmo tempo medios humanos durante a súa existencia, o que motivou que se conservara a práctica totalidade do seu patrimonio documental xunto co da entidade local.

O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servicios municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.

O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular do baixo cuberta, a carón da sala de exposicións. Un espacio de corenta metros cadrados, dotado de cento cinco metros lineais de estantes metálicos, capacidade suficiente para os fondos existentes na actualidade. Conta con mesa de consulta e equipamentos adecuados; a documentación gárdase en caixas de cartón ríxido.

Como consecuencia da actividade da Irmandade xerouse unha documentación que, conservada parcialmente no caso de Mondariz-Balneario, foi obxecto de tratamento nos meses de marzo e abril do ano 2003 por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

2.4. Forma de ingreso Transferencia irregular.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación da Irmandade sindical de agricultores e gandeiros de Mondariz-Balneario xa se atopaba instalada no local do arquivo municipal en calidade de fondo independente e cunha disposición física diferenciada, en caixas de cartón ríxida e cun inventario mínimo que xeneralizaba sobre o contido de cada unidade de instalación.

Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados inventariouse un total de 28 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico amplo, acorde coa traxectoria funcional do organismo, que vai dende 1947 ata o 1982. A pesar deste amplo espacio temporal, o groso do conxunto documental corresponde ó período comprendido entre principios dos 50 e 1977 data en que as irmandades sindicais son relevadas polas novas cámaras agrarias, sendo moi minoritaria a partir desa data.

Dentro do conxunto documental destaca polo seu volume a serie 2.1, que engloba tanto a correspondencia e os oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria), coma as certificacións, comparecencias (necesarias para diversas cuestións do Censo Laboral Agrícola) e os partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.

En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1, que corresponde á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón a meirande parte do conxunto, que dispón ademais de testemuños completo das sesións da súa Comisión Local (1961-1978). Entres os diferentes servicios cómpre destacar a relativa ás actuacións dos diferentes grupos de colonización, con importantes actuacións en obras de regadío, a abundante documentación electoral (1957-1978) e a relativa á Cooperativa do Campo de “Nuestra Señora de Lourdes” (1948-1952) que inclúe o libro rexistro de socios.

En canto á sección 1 de Goberno ten unha presencia importante, tanto polas actas co Cabido, conservadas con continuidade dende 1952 ata 1977, como as das asembleas plenarias, da xunta rectoras de “Hermandad “ou do Comité Executivo da Cámara Agraria así como dun bo número de comisións diversas.Por último, a sección 4 de Facenda está razoablemente ben conservada posto que comprende o presuposto dende os anos 1944 deica 1982 así coma os padróns da derrama agrícola (1953-1971), padrón de servicios e documentación de recadación ó pé doutra máis incompleta (contas bancarias, facturas...).

En canto á organización documental, todas estas seccións atópanse correctamente dispostas e estructuradas para o seu uso e manexo cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación como son o cadro de clasificación do arquivo co seu correspondente inventario somero así como unha descrición máis pormenorizada a nivel expediente en moitas series consultables tanto no propio concello coma na Deputación Provincial de Pontevedra, en soporte papel (fichas) e informático en base de datos.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1.- GOBERNO

1.1. CABILDO / PLENO
.Asemblea Plenaria 1971-1975 1
.Libro de actos do Cabido da Irmandade sindical
de labradores e gandeiros
1952-1977 1
.Xunta Rectora da Irmandade sindical de
labradores e gandeiros
.Actas do Cabido da Irmandade sindical de
labradores e gandeiros
1953-1972 1
.Cargos da Irmandade 1966-1975 1
.Actas Comité Executivo Cámara Agraria 1977 1
.Libro rexistro de socios Irmandade

1949-1952 18
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
.Xuntas Parroquiais da Irmandade sindical
de labradores e gandeiros
1973 1
.Actas Asemblea de Regantes 1957-1962 1
.Libro de actas Comisión local da MNPSA 1961-1972 2
.Actas Comisión local da MNPSA 1961-1978 2
.Libro de actas da Xunta local de seguros sociais 1958-1972 2
.Actas da Xunta local de seguros sociais 1957-1960 2
.Libro de actas Xunta rectora cooperativa
"Nuestra Señora de Lourdes"
1948-1952 1
.Libro actas Xunta xeral cooperativa
"Nuestra Señora de Lourdes"

1951 1
1.3. PRESIDENTE
.Bandos 1955-1980 2

2.- ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
.Correspondencia 1949-1982 3-7
.Circulares 1953-1981 8-12
.Estatísticas e memorias 1957-1977 13
.Certificacións 1969-1979 13
2.2. REXISTRO
.Libro rexistro de entrada de documentos 1953-1981 13
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
.Expedientes de patrimonio 1950-1979 13
.Expedientes de contratación 1968-1970 13
2.4. PERSOAL - -

3.- SERVIZOS

3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
MUTUALIDADE
1955-1982 14-17
3.2. CENSOS AGRARIOS
.Censos agrícolas 1952-1972 18
3.3. ELECCIÓNS - -
3.4. TRIBUNAL XURADO - -
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS - -
.Expedientes de obras 1955-1977 21
.Expedientes de subvencións 1974-1975 21
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN
.Expedientes Grupos de Colonización 1955-1969 21
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS
.Expedientes Crédito Agrícola 1947-1962 21
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
AGROPECUARIA E RURAL
- -
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
TRANFORMACIÓN
- -
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO - -
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS - -
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA - -
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
MUTUAS GANDEIRAS
- -
3.14. COOPERATIVAS - -
.Cooperativa "Nuestra Señora de Lourdes" 1948-1952 1,18
.Libro rexistro de socios Cooperativa 1948-1951 18
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES - -
3.16. AUGA - -
3.17. GARDERÍA RURAL - -

4.- FACENDA

4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
4.2. RECADACIÓN
.Contas de recadación. Radróns de derrama 1953-1971 28
4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
.Recibos, contas bancarias e facturas 1944-1982 22-28


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos En castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 28 unidades de instalación.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54
D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X
*Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/04/2012 08:48
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/