[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo da Irmandade de labregos e gandeiros de Rodeiro


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo da Irmandade de Rodeiro

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36047.AISLG
1.2. Título Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro
1.3. Datas 1945-1987
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 74 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Rodeiro constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no Concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espacio ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis.

2.3. Historia arquivística

As premuras económicas á hora de desenvolver os cometidos propios das Irmandades sindicais de agricultores e gandeiros, sobre todo no período de carestía no que se encadran os primeiros anos do seu funcionamento, fixo que no caso de Rodeiro, igual ca noutros moitos, tivesen a necesidade de alugar uns locais que lle permitisen dispoñer dunhas dependencias axeitadas ás súas necesidades.

Así, nun primeiro momento, o sindicato estivo situado nos baixos dunha casa de Rodeiro, á beira da estrada que conducía a Río. Dado que non había espacio suficiente tiveron que alugar noutros lugares da vila outras dependencias como taller de artesanía e almacén.

Nesta situación mantívose ata que, xa en período serodio e tras a previa cesión da corporación municipal en 1969 dun soar da súa propiedade na actual rúa B, procedeuse á construcción dunha Casa da Irmandade de titularidade propia rematada no ano 1972 e financiada cos fondos dos afiliados e con axudas e subvencións procedentes de diversos organismos agrarios, o cal demostra o interese local en promover o sector primario, de enorme peso no municipio.

A nova edificación, bastante ampla, consta de dúas plantas e ático dedicándose a planta baixa a almacén e a primeira a acoller os servicios administrativos do sindicato agrario.

Tras a desaparición en 1994 da Cámara Agraria, substituta da Irmandade Sindical dende 1977, a titularidade e uso desta casa pasará a ser municipal por cesión da Xunta de Galicia.

En consecuencia, as instalacións deste edificio actualmente nun estado de deterioro progresivo, freado en parte tras realizarse algunhas remodelacións e á espera de próximas reformas, son aproveitadas asumindo diferentes usos como museo municipal na planta baixa, oficina de correos, centro social e de reunións de sindicatos, cooperativas agrarias e outras asociacións de carácter diverso na planta primeira e incluso ximnasio municipal no ático.

Polo tanto e debido, por unha banda, ó estado actual do edificio, que non ofrece a seguridade necesaria para a conservación documental por estar, ademais, ás portas dunha fase inminente de reformas que podería afectar á integridade do depósito, e por outra, a súa dedicación a estes novos usos que non deixan un lugar indicado nel para a instalación do arquivo, decidiuse como máis idóneo para a súa organización e conservación o traslado á propia casa do concello.

Este edificio, en excelente estado de conservación, está distribuído en baixo e planta, cunha recente ampliación de nova construcción unida á primeira que aumenta considerablemente o espacio das dependencias municipais.Nesta ampliación, á beira da sala de exposicións, sitúase a sala dedicada exclusivamente, ata o momento do traslado da documentación da Irmandade Sindical, a arquivo municipal, de forma rectangular, conta cunha sala anexa de traballo e consulta así como de servicios sanitarios.

A súa superficie é ampla, superior ós corenta e cinco metros cadrados, na que se instalaron 186 metros lineais de estanterías de madeira polo que, despois de acoller as últimas incorporacións de documentación municipal, ten capacidade suficiente para albergar o arquivo da Irmandade Sindical, quedando aínda así espacio abondo a curto e medio prazo para organizar futuras remisións que ha efectuar o concello.

Esta nova situación presenta unhas excelentes condicións de habitalidade xa que dispón de calefacción e ventilación garantindo así a súa permanencia, á espera dun posible novo traslado para centralizar nun mesmo local a escasa documentación conservada das antigas irmandades sindicais da provincia de Pontevedra.

A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espacio ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis.

2.4. Forma de ingreso Transferencia irregular.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación da Irmandade Sindical de Agricultores e Gandeiros de Rodeiro estaba amontoada nas estanterías metálicas dunha sala da casa sindical onde, parece ser, foi trasladada tras a supresión da Cámara Agraria dende outras salas do edificio. Neste proceso perdeuse parte do conxunto que non se depositou nese lugar co resto, como consecuencia da limpeza efectuada anteriormente a diversas obras de reforma no edificio.

As condicións de conservación nas que se atopaba a documentación eran cando menos deficientes posto que a sala estaba aberta ó público, que accedía ás diversas actividades realizadas no lugar e nas estanterías había suciedade e roedores.

Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados púidose inventariar un total de 74 unidades de instalación que abranguen o período cronolóxico dende 1945 ata 1994; hai representación documental case da totalidade dos anos de funcionamento das irmandades sindicais primeiro e das cámaras agrarias despois. A pesar deste amplío espacio temporal, a meirande parte do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos 60 e 1977, data en que funcionaba como irmandade sindical e, con menor relevancia dende ese ano ata 1983-1984, xa en concepto de cámara agraria. A documentación dos anos 40 e 50 é moi minoritaria, quizais por perderse unha parte e ó mesmo tempo dende 1983-1984 é tamén pouco transcendente posto que dende estes anos deica a súa desaparición a Cámara Agraria de Rodeiro funcionou como unha delegación da de Lalín, co que unha parte importante do conxunto documental de Camba se debeu perder ó estar depositado co do concello de Deza.

Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas que ocupan un 65% das unidades de instalación.

En primeiro lugar, comezando pola serie 2.1 e dentro da sección Administración, dispoñemos tanto de correspondencia coma de oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) e referidos a un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á S.S.A., contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.

En segundo lugar, e dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas irmandades ós agricultores.

Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada de altas e baixas no Censo Laboral Agrícola pertencente a un período cronolóxico amplo así como documentación de cotizacións (1966-1983) e as nóminas de cobro do subsidio familiar do período 1957-1984; é de destacar a práctica ausencia de testemuños documentais anteriores á década dos 60.

En terceiro lugar, dentro da serie 3.2 correspondente a censos agropecuarios son moi importantes os censos agrarios realizados periodicamente así como as estatísticas de cultivos e maquinaria.

A sección 1 de Goberno contén información de diversos aspectos, entre a que destaca a proporcionada polos libros de Actas do Cabido (1953-1972) e actas de diversas xuntas e comisións da Irmandade como a Comisión Local da Mutualidade Nacional da Previsión Social Agraria.

Na sección 2 de Administración, ademais do mencionado, consérvanse algúns expedientes de patrimonio, contratación e persoal, así como un libro de rexistro de entrada de documentos (1956-1974) sendo bastante dispersos e fragmentarios.

No resto da sección 3 de Servicios obsérvase a presencia de mostras de documentación de diversos servicios e funcións realizadas pola Irmandade Sindical-Cámara Agraria de Rodeiro que dan idea da súa actividade no momento: é especialmente completa a documentación referida a eleccións (1957-1975) e Tribunal Xurado - Servicios Xurídicos (1959-1977) e tamén testemuños de fundación de cooperativas e grupos de colonización no municipio.

En canto á sección 4 de Facenda hai que sinalar o seu carácter incompleto e fragmentario posto que só se conserva o orzamento dun exercicio; os padróns da derrama agrícola e servicios só abarcan un poucos anos. Unicamente é de relevancia a documentación de caixa e recadación, sesgada pero relativa a un período cronolóxico amplo mentres a referida ás contas correntes e facturas ten carácter residual.

3.2. Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización
3.3. Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1.- GOBERNO

1.1. CABILDO / PLENO
.Asemblea Plenaria 1968-1983 1
.Libro de actas do Cabido da Irmandade sindical
de labradores e gandeiros
1953-1972 1
.Expedientes sesións do Cabido da Irmandade
sindical de labradores e gandeiros
1960-1978 1
.Libro de actas da Comisión Permanente 1980-1983 1
.Cargos de Irmandade sindical de labradores e
gandeiros
1960-1971 1
.Actas Comité Executivo Sindical Local Mixto 1971 1
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS
.Xuntas parroquiais 1973 1
.Libro de actas Comisión local MNPSA 1964-1972 2
.Expedientes sesións Comisión Local MNPSA 1961-1977 2
.Expedientes sesións Xunta local seguros sociais 1961 2
.Expedientes sesións Comisión local AGAP 1977-1978 2
.Expedientes sesións Comisión local de
Reproducción Gandeira
1979 2
1.3. PRESIDENTE - -

2.- ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
.Estatística e memorias 1956-1970 17-18
.Instancias 1958-1983 17
.Certificacións 1956-1984 16-17
2.2. REXISTRO
.Libro rexistro de entrada de documentos 1969-1974 18
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
.Expedientes de patrimonio 1955-1970 18
.Expedientes de contratación 1957-1967 18
2.4. PERSOAL
.Expedientes de persoal contratado 1974-1975 18
.Seguridade Social 1959 18
.Nóminas e retribucións 1957-1964 18

3.- SERVIZOS

3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
MUTUALIDADE
.Partes e censos afiliación á Seguridade
Social Agraria
1948-1984 19-22
.Nóminas e liquidacións 1960-1984 23-49
.Asuntos familiares 1968 49-50
3.2. CENSOS AGRARIOS
.Censos e estatísticas agropecuarias 1956-1994 50-59
3.3. ELECCIÓNS
.Expedientes de eleccións 1957-1975 61-62
3.4. TRIBUNAL XURADO
.Actos conciliatorios e asesoramento legal 1959-1977 62
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
.Expedientes de obras e subvencións 1958-1985 62-64
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN
.Grupos de colonización 1969 64
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS
.Expedientes de créditos agrícolas 1957-1976 64
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
AGROPECUARIA E RURAL
.Concentración parcelaria S/D 64
.Expedientes de feiras e mercados 1959 64
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
TRANFORMACIÓN
.Expedientes de constitución SAT 1986 64
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO
.Declaracións de cereais 1966-1968 65
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS
.Expedientes de campañas agrícolas 1956-1974 65-66
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA
.Expedientes de formación agropecuaria S/D 66
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
MUTUAS GANDEIRAS
.Mutua gandeira 1961-1964 66
.Expedientes de danos por pragas e catástrofes 1971-1979 66
3.14. COOPERATIVAS
.Expedientes de constitución Cooperativa 1969 66
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
.Centro de Inseminación Artificial 1956-1983 66

4.- FACENDA

4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
4.2. RECADACIÓN - -
.Contas de recadación. Padróns de derrama 1964-1977 66-73
4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
.Libro de caixa 1956-1987 72
.Recibos, contas bancarias e facturas 1956-1984 73-74


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos En castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 74 unidades de instalación.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54
D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X
*Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/04/2012 08:46
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/