[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Alfonso Rodríguez Castelao



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo.
1.2. Título Colección documental de Alfonso Rodríguez Castelao
1.3. Datas 1886-1950
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 4 caixas de arquivo e 1 carpeta. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Alfonso Rodríguez Castelao
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Alfonso Rodríguez Castelao naceu en Rianxo en 1886 e morreu en Bos Aires en 1950. Home polifacético, ademais de médico foi un dos artistas e escritores galegos máis importantes do século XX en Galicia. A súa actividade política obrigouno ó exilio despois da Guerra Civil, inda que non deixou de expoñer os seus ideais nos países sudamericans. Foi tamén un dos fundadores do Museo e participou activamente para o seu crecemento nos primeiros anos de existencia e incluso despois da súa marcha.
2.3. Historia arquivística O arquivo de Alfonso atópase disperso, tanto en mans de particulares coma de institucións. O Museo conseguiu reunir unha boa parte da súa obra artística e algúns manuscritos por adxudicación legal, inda que esporadicamente se da posibilidade de novas adquisicións. Os manuscritos foron ordenados, inventariados e catalogados recentemente por Mª Jesús Fortes Alén
2.4. Forma de ingreso O primeiro gran lote da súa obra adxudicouse ó museo por disposición legal despois da súa morte. A ela hai que engadir a compra, doación e legado testamentario de Virxinia Pereira (1964, 1980 e 1981), as doacións da familia de Álvaro Gil Varela (1988, 1991 e 1999) e de Eva Llorens (2000) e a compra a Alberto R. Prada Fraga en 1999.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O material que máis predomina na colección son os manuscritos autógrafos de discursos, pensamentos políticos e algunha das obras máis importantes, como Diario de 1921, Os vellos non deben de namorarse, Las Cruces de piedra en Bretaña ou Sempre en Galiza. Con todo non faltan algunhas mostras de cartas e tarxetas postais, diplomas e material de homenaxes e incluso algunhas obras doutros autores coma Otero Pedrayo
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo eliminación de ningún material
3.3. Novos ingresos Esta é unha colección aberta susceptible de ser incrementada
3.4. Organización

DOCUMENTACIÓN PERSOAL
- Títulos, diplomas e homenaxes
- Correspondencia
- Outros materiais

OBRA AUTÓGRAFA
- Discursos e outras intervencións en público
- Obra publicada
- Reflexións políticas e outros escritos

AUTÓGRAFOS DOUTROS AUTORES



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Previa solicitude por escrito, agás obras completas ou en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Os títulos e diplomas, polo seu tamaño deben ser gardados en carpetas de gran tamaño
4.5. Instrumentos de descrición


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Hai orixinais de Castelao noutras institucións, coma a Biblioteca Penzol ou o Arquivo Universitario de Santiago. Nalgunhas coleccións particulares tamén se atopan manuscritos
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Na colección documental de D. Francico Javier Sánchez Cantón, que se custodia no mesmo Museo, consérvase unha boa parte da correspondencia que o arquivo ten de Castelao
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1989


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 11:06
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/