[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Casto Sampedro



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038.AMPO
1.2. Título Colección documental de D. Casto Sampedro
1.3. Datas 1159-1937
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 68 caixas de arquivo en soporte de papel e pergamiño


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. Casto Sampedro, colaborador da “Sociedad Arqueológica” de Pontevedra e distintas entidades civís e eclesiásticas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O avogado redondelán D. Casto Sampedro Folgar (1848-1937) foi o fundador da “Sociedad Arqueológica de Pontevedra” en 1894, valéndose para iso da colaboración de destacados membros da cultura local, provincial e mesmo rexional daqueles tempos coma José Casal, Celso García de la Riega ou Federico Alcoverro. Ó grupo inicial de colaboradores da nova Sociedade foise engadindo un bo número de dibuxantes, fotógrafos, musicólogos e historiadores que, repartidos por toda a xeografía galega, recuperaban documentos, datos e imaxes sobre distintos aspectos da Historia, a Arqueoloxía e a Música do país, remitíndoos logo a D. Casto, quen dende o seu despacho ó lado do Santuario da Peregrina, organizaba e estudaba o material. O froito máis reseñable do empeño de D. Casto e dos seus colaboradores foi salvar da picota as Ruínas de Santo Domingo, facendo da ábside da igrexa do antigo mosteiro dominico o edificio emblema da Sociedade. Resultado tamén do seu labor investigador foi a edición dos tres volumes de Documentos, Inscripciones Monumentos... para la Historia de Pontevedra ou do Cancionero Musical de Galicia, conxunto de mateiais de folclore galego premiado nun concurso da “Real Academia de Bellas Artes de San Fernando" e editado uns anos despois da morte de Sampedro cun estudo preliminar de D. Xosé Filgueira Valverde
2.3. Historia arquivística

O arquivo de D. Casto Sampedro ocupou ata despois da súa morte en 1937 unha boa parte do seu despacho na casa que tiña entre os xardíns que hoxe levan o seu nome e a capela da Peregrina. Na actualidade está totalmente custodiado nas dependencias do Museo.

Inda que se contaba cunha relación antiga do fondo, a ordenación e descrición dos materiais dos que se compón fíxose en varias etapas. D. José Filgueira Valverde ocupouse da descripción da documentacón relativa ó Gremio de Mareantes, tratada conxuntamente a reunida por D. Casto Sampedro e a procedente do propio gremio. A bolseira María Jesús Miramontes catalogou toda a documentación medieval e, por último, a tamén bolseira Mª Jesús Fortes fixo un inventario xeral de toda a colección

2.4. Forma de ingreso As primeiras pezas chegadas ó Museo foron depósitos feitos polo propio Sampedro tras a fundación da institución en 1927. En 1943 compróuselles a totalidade do seu arquivo ós seus herdeiros


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O fondo de D. Casto Sampedro contén por un lado instrumentos orixinais dende o século XII de tipoloxía e temática moi diversa; privilexios reais, executorias de nobreza, protocolos notariais, etc. Doutra banda inclúe as notas do propio Sampedro e os seus colaboradores sobre aspectos relacionados coa historia e a arte de Pontevedra en particular e de Galicia en xeral
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se procedeu a expurgo ningún de materiais
3.3. Novos ingresos Dende a súa compra non se produciron novos ingresos
3.4. Organización

Documentos orixinais
Privilexios reais (1159-1767)
Protocolos notariais (1433-1753)
Igrexas e mosteiros do concello de Pontevedra
- Igrexas de San Bartolomeu o Vello e o Novo de Pontevedra (S. XIX)
- Convento de San Domingo de Pontevedra (1283-1897)
- Convento de Santa Clara de Pontevedra (1297-1829)
- Convento de San Francisco de Pontevedra (1426-1811)
- Igrexa de Santa María do Camiño (1311-1726)
- Igrexa de San Xoán de Deus (1626)
- Mosteiro de San Xoán de Poio (1303-1818)
- Mosteiro de San Salvador de Lérez (S. XIII ?)
Mosteiros doutros lugares de Galicia (S. XII-XIX)
- Executorias e informacións de nobreza (1523-1801)
Arquivos familiares
- Casa de Aldao (1632-1824)
- Alemparte, Ozores, Onís e Correa (1639-1752)
- Cousiño, Gosende e García de Barros (1225-1815)
- Macedo e Salazar (1536-1851)
- Sarmiento de Sotomayor y Valladares (1504-1523)
- Outras
Gremios e confrarías de Pontevedra
- Gremio de Mareantes (S. XV-XIX)
- Outros
Concello de Pontevedra (1437-1865)

Recompilacións e notas de D. Casto Sampedro e colaboradores
Colección de cantos e bailes populares galegos
Arqueoloxía romana
Pontevedra. Datos varios de historia e arte
Redondela. Datos varios de historia e arte
Bigráficas
Polémica sobre a orixe de Colón
Guerra da Independencia

Artigos e traballos propios e doutros autores
Ávila y la Cueva

Correspondencia



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre
4.2. Condición de reprodución Reprodución libre previa solicitude por escrito do interesado, salvo manuscritos inéditos completos, pergamiños e documentos encadernados ou en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en pergamiño e papel e en bo estado en xeral, aínda que algúns documentos están moi deteriorados
4.5. Instrumentos de descrición Inventarios publicados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece ningunha documentación asociada fóra da colección do Museo, agás a referente ó Gremio de Mareantes procedente do propio gremio e inventariada por D. Xosé Filgueira Valverde
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Fernández Villamil, Enrique, “Documentos medievales del Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. I, Pontevedra, 1942
Fernández Villamil, Enrique, “Documentos medievales del Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. II, Pontevedra, 1943
Fernández Villamil, Enrique, “Documentos medievales del Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. III, Pontevedra, 1944
Filgueira Valverde, Xosé F., Archivo de Mareantes, Pontevedra, 1946
Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1989
Fortes Alén, Mª Jesús, Inventario de la colección documental de D. Casto Sampedro, Pontevedra, 1994
Miramontes Castro, María, Catálogo da documentación medieval do Museo de Pontevedra, Pontevedra, 1996
Rodríguez, Ángel y Millán, Isidoro, Livro do Concello de Pontevedra, Pontevedra, 1988
Rodríguez, Ángel y Armas Castro, José, El minutario notarial de Pontevedra (1433-1435), Santiago de Compostela, 1992
Sampedro Folgar, Casto, Cancionero musical de Galicia, Pontevedra, 1942
“Varones insignes de la Congregación de Valladolid”, El Museo de Pontevedra, t. XX-XXI, Pontevedra, 1966-67


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/01/2008 13:54
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/