[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Ángel Cobián Areal



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de D. Ángel Cobián Areal
1.3. Datas 1854-1901
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 8 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. Ángel Cobián Areal
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O médico pontevedrés D. Ángel Cobián Areal (1854-1901) foi un dos personaxes máis importantes da cidade a finais do século XIX. Naceu en Romai e estudou medicina en Madrid, trasladándose logo á súa terra natal. En Pontevedra foi o impulsor de numerosas iniciativas sanitarias que supuxeron grandes avances para aqueles tempos. Aquí fundou en 1897 o primeiro Instituto Antirrábico e Antidiftérico de Galicia aplicando os métodos e vacinas que el mesmo experimentara no Instituto Pasteur de Paris. Tamén foi o primeiro en introducir os Raios X na cidade e en suxerir a creación dun laboratorio para análises de alimentos. Nomeado polo Goberno da nación comisionado para o estudo da epidemia de peste en Portugal e das instalacións hospitalarias e bacteriolóxicas en Paris e Berlín, ó regreso destas empresas soubo aplicar medidas preventivas contra enfermidades infecciosas dende o seu posto de director do recén estreado Hospital Provincial en 1897. A nivel nacional a súa participación nalgunhas intervencións cirúrxicas, espectaculares para aqueles tempos, supúxolle un amplo recoñecemento na prensa do momento. No ámbito da vida pública exerceu como alcalde de Pontevedra entre 1891 e 1893. A súa prematura morte privou a Pontevedra dun dos persoeiros máis dinámicos daqueles tempos.
2.3. Historia arquivística

Despois da súa morte, a dirección do Instituto Antirrábico de Pontevedra recaeu noutro novo médico local e o doutor José Filgueira Martínez, pai de D. Xosé Filgueira Valverde. Ademais da dirección médica, fíxose cargo de todo o arquivo que o Dr. Cobián Areal fora xerando ó redor das súas actividades públicas e privadas. Co tempo, todos estes materiais pasaron a formar parte do arquivo de D. Xosé Filgueira Valverde.

Tras a súa entrada no Museo a bolseira do arquivo documental, Mª. Xesús Fortes Alén, ocupouse da súa ordenación e clasificación.

2.4. Forma de ingreso No ano 1983 a Fundación Filgueira Valverde fixo un depósito de documentación ó Museo. Despois da morte de D. Xosé Filgueira e coa incorporación dos materiais da súa Fundación ó arquivo chegou outra parte deste fondo que aínda está sen clasificar.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O contido do fondo está limitado no tempo á propia vida do Dr. Cobián Areal e algúns anos despois da súa morte, coa correspondencia médica do seu sucesor profesional D. Xosé Filgueira Martínez. En canto a tipoloxía, atópanse tanto documentación persoal como notas manuscritas relacionadas coas distintas funcións realizadas polo Dr. Cobián Areal, correspondencia, proxectos para instalacións sanitarias, fotografías de tema médico e incluso rexistros e historiais médicos dos enfermos tratados por el.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de materiais.
3.3. Novos ingresos Coa incorporación ó Museo do arquivo e biblioteca da Fundación Filgueira Valverde, chegaron novos materiais pertencente, a este fondo. Non están previstos novos ingresos.
3.4. Organización

DOCUMENTACIÓN PERSOAL
- De estudos
- Cargos e nomeamentos
- Correspondencia particular e outros

DOCUMENTOS DE FUNCIÓN
- Alcalde
- Médico

INSTITUTO ANTIRRÁBICO E ANTIDIFTÉRICO



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre previa solicitude por escrito agás materiais en mal estado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel na súa totalidade
4.5. Instrumentos de descrición Inventario en papel publicado


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais No Arquivo Histórico Provincial atópanse materiais do Instituto Antirrábico e Antidiftérico. Tamén nos arquivos da Deputación e do Concello hay referencias ás distintas iniciativas deste médico pontevedrés.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1988
Fortes Alén, Mª Jesús, “Don Ángel Cobián Areal y el Instituto Antirrábico a través de la documentación del Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLVI, Pontevedra, 1992


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro, 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 11:24
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/