[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental José Filgueira Valverde



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de Xosé Filgueira Valverde
1.3. Datas 1906-1996
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte Máis de 400 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xosé Filgueira Valverde
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
D. Xosé Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Estudou Dereito e Filosofía e Letras, exercendo profesionalmente neste último campo. Foi catedrático de literatura no Instituto de Ensinanza Media da súa cidade natal. Á marxe deste labor profesional involucrouse dende moi novo en proxectos culturais de grande envergadura. Foi patrono fundador en 1927, director (1942) e director emérito do Museo de Pontevedra, institución á que lle dedicou os seus maiores esforzos e á que estaría ligado ata a súa morte en 1996. Tamén foi fundador do Seminario de Estudos Galegos no 1923 e, despois da súa desaparición, membro e director a partir de 1972 do Instituto Pai Sarmiento de Estudos Galegos. Pertenceu ás Reais Academia Galega, da Historia, da Lingua e ás de Belas Artes de San Fernando de Madrid e da Virxe do Rosario da Coruña. Desempeñou tamén cargos públicos, sendo alcalde de Pontevedra e conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre 1982 e 1983
2.3. Historia arquivística O arquivo persoal xerado por D. Xosé Filgueira Valverde estivo gardado na súa casa. Antes do seu ingreso no Museo a arquiveira deste, Mª Jesús Fortes Alén, fixo unha primeira ordenación e un reconto e inventario xeral de todos os materiais que contén. Tras a súa chegada a bolseira Elena Díaz del Río comezou a informatización de todo o material autógrafo, catalogándoo segundo as normas do Ministerio de Cultura. O resto do material aínda está en fase de ordenación definitiva
2.4. Forma de ingreso Depósito da Fundación Filgueira Valverde


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O contido do arquivo reflicte todas as actividades profesionais que levou a cabo o profesor Filgueira Valverde; materiais do seu papel como alcalde, director de instituto, procurador, conselleiro, director do I.P.S.E.G., etc. Pero quizais o máis valioso sexan os orixinais autógrafos por un lado doutros autores e por outra dos máis de 4.000 títulos entre conferencias, libros, folletos e artigos de prensa dos que é autor, todos eles de singular importancia para o coñecemento da lírica medieval e da historia local e mesmo rexional.

Atendendo a unha análise cronolóxica, atópanse dende materiais dos seus pais (cartas, colección de documentos de Cobián Areal...) e mostras das súas primeiras letras e debuxos deica os últimos borradores escritos poucos días antes de morrer. Aparte da correspondencia persoal e familiar é tamén moi interesante a estensísima serie epistolar que mantivo con moitos personaxes da cultura e da política galegas

3.2. Valoración, selección e eliminación Fíxose unha selección dos materiais, moitas veces fotocopiados e duplicados, deixando no arquivo soamente os orixinais ou unha copia dos manuscritos desaparecidos
3.3. Novos ingresos Non están previstos
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre para o material informatizado. Restrinxido para o resto dos documentos ata a catalogación total do arquivo
4.2. Condición de reprodución Libre para o material catalogado, agás fondos en mal estado ou orixinais completos
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
O material de gran formato coma títulos, diplomas, etc. gardarase en planeiros
4.5. Instrumentos de descrición Polo momento, catálogo de manuscritos no programa ABSYS para bibliotecas


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:42
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/