[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental José Casal y Lois



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de D. José Casal y Lois
1.3. Datas S. XVI-1912
1.4. Nivel de descrición Colecció documental
1.5. Volume e soporte 27 caixas de arquivo. Soporte de papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor D. José Casal y Lois
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
José Casal e Lois (1845-1912) foi unha das persoas máis activas na vida cultural pontevedresa de finais do século XIX. Aínda que estudou medicina e exerceu o seu labor profesional como “médico de pobres”, destacou tamén na súa participación nas sociedades máis diversas da Pontevedra finisecular. En 1894 funda con D. Casto Sampedro e outros a “Sociedad Arqueológica” de Pontevedra, chegando a ser vicepresidente desta. Destácase o seu labor de recollida de información de todo aquilo que tiña que ver coa antropoloxía cultural da súa cidade natal, ó contrario ca D. Casto Sampedro, máis interesado no dato arqueolóxico, artístico e histórico
2.3. Historia arquivística O arquivo de D. José Casal está composto por varios tipos de documentos. Dunha banda destacan os seus propios escritos e doutra os impresos da máis diversa natureza: folletos, follas soltas, carteis, estampas, etc. Tras a morte do seu creador o arquivo pasou en calidade de depósito á “Sociedad Económica” e logo da desaparición desta á “Escuela de Trabajo”. De alí pasou definitivamente ás dependencias do Museo
2.4. Forma de ingreso O herdeiro de S. José Casal, D. Lino Sanz Casal, fíxolle doazón de todo o conxunto á institución en 1963. Algunhas pezas xa foran adquiridas con anterioridade, coma é o caso do “Cancionero Gallego” comprado en 1943 a Dª Carmen Casal, e outros materiais doados por D. José Gorostola no 1944


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Despois da súa recente ordenación e catalogación o arquivo ocupa, incluíndo os folletos, un total de 38 caixas e 4 caixóns de planeiro. Hai que ter en conta que se poden atopar documentos hoxe en día desaparecidos que formaron parte do conxunto e que poden aumentar este número de caixas en unha ou dúas máis como moito. A ordenación e inventario dos materiais arquivísticos, nos que se inclúen as follas soltas, levouna a cabo nestes últimos meses Mª Jesús Fortes Alén coa axuda da entón bolseira do servizo Elena Díaz del Río. Por outro lado, a catalogación do material bibliográfico realizouno o persoal do CCPB (Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico). O cadro de clasificación fíxose atendendo basicamente á temática dos materiais e respetando o máis posible a que elaborara o propio D. José Casal
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

ARQUIVO XERAL
Índices e bibliografía
Extractos e comentarios bibliográficos
Historia
Poboación
Biografías, xenealoxías e heráldica
Arqueoloxía
Igrexias e mosteiros
Periodismo e imprenta
Arredores de Pontevedra
Arquitectura e urbanismo
Escultura popular
Transportes e comunicacións
Instrución pública
- Xeral
- Asociacións e asembleas pedagóxicas
- Centros de ensinanza
Comercio, industria e outras actividades económicas
- Antigas fábricas
- Establecementos comerciais
- Establecementos hoteleiros
- Oficios artesanais
- Actividades liberais
- Agricultura e pesca
- Varias
Sanidade e hixiene
- Epidemias e outras enfermidades
- Traída de augas
- Cemiterios
- Balnearios
- Outros establecementos sanitarios
Beneficencia e asistencia social
Sociedades
- Xeral
- Recreativas
- Profesionais. Gremios e confrarías
- Sociedades musicais
- Asociacións socio- relixiosas
- Sociedades deportivas
- Asociacións benéficas
- Sociedades económicas, industriais e empresariais
- Asociacións educativas
- Outras sociedades non pontevedresas
Antropoloxía cultural
- Festas
· Civís (maios e entroidos)
· Relixiosas
- Xogos populares
- Colección de Cantares galegos
- Antoloxía de Poesía galega
- Outras manifestacións de tradición oral
- Calendarios
- Oficios
Certames e exposicións
- Xeral
- Exposicións rexionais, agropecuarias e de artes e oficios
- Certames musicais, literarios e pedagóxicos
Espectáculos
- Praza de Touros
- Teatro do Liceo
- Circo Teatro
- Espectáculos cinematográficos
- Outros
Historia Natural de Galicia

COLECCIÓNS FACTICIAS
Poesías de circunstancias
Felicitacións de Nadal
Coplas de cego
Coroas fúnebres
Outras homenaxes
Vida social (invitacións, recordatorios, etc.)
Follas soltas

ARQUIVOS FAMILIARES
Casa de Camba (S. XVI-XVIII)
Luis Rodríguez Seoane (S. XIX)
José Casal (1845)



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Consulta libre
4.2. Condición de reprodución Reprodución libre salvo encadernados ou en mal estado, impresos anteriores a 1900 e series completas de follas soltas ou orixinais autógrafos que formen unha obra completa
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel de moi diferentes tamaños, o que obligou a gardar unha boa parte do arquivo en planeiros
4.5. Instrumentos de descrición Inventario de consulta no mesmo arquivo e catálogo dos impresos do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais No Arquivo Histórico Provincial consérvase unha copia de D. José Casal de numerosa documentación da Congregación da Virxe Peregrina
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1988


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:44
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/