[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Manuel Quiroga



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. 36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de Manuel Quiroga Losada
1.3. Datas 1892-1961
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 32 caixas de arquivo e 11 discos de baquelita


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Manuel Quiroga Losada
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada (1892-1961) foi un dos personaxes de maior repercusión nacional e mesmo internacional que deu a Boa Vila. Á súa faceta como intérprete e compositor musical hai que engadir a habilidade como pintor e caricaturista. Neno prodixio no manexo do violín, iniciou os seus estudos musicais en Madrid, pasando logo a ingresar no Conservatorio de París en 1909, centro onde era realmente difícil entrar. Casado coa pianista e compañeira de interpretación Marta Leman, alcanzou fama internacional, dando concertos por todo o mundo e relacionándose cos máis prestixiosos músicos do momento. Un desgraciado accidente retirouno dos escenarios cando estaba no momento máis brillante da súa carreira musical
2.3. Historia arquivística O arquivo mantívose en mans da familia ata o seu ingreso no Museo. Na súa ordenación e catalogación interviron Fernando Otero Urtaza, Mª Jesús Fortes Alén e, por último, adaptando a catalogación das partituras ás regras do Ministerio de Cultura, Estrella Omil Ignacio. A catalogación dos discos correu a cargo de Ángela Comesaña Martínez
2.4. Forma de ingreso O arquitecto Emilio Quiroga foi o herdeiro de todo o arquivo do seu irmán. Como patrono do Museo, fixo doazón de todos os materiais no ano 1972


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O contido desta colección é moi variado. Nel atópanse gran número de partituras, tanto da biblioteca musical de Manuel Quiroga coma os borradores orixinais das súas propias composicións, os discos das interpretacións propias, os dosieres coa información das xiras, a correspondencia, etc
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se fixo ningún expurgo
3.3. Novos ingresos Non se produciron
3.4. Organización

PARTITURAS
Propias
- Impresas
- Orixinais manuscritos
Doutros autores

DISCOS

DOCUMENTACIÓN
Individual
- Correspondencia
- Documentación económica da súa convalecencia
- Testamento
De función
- Dosieres das súas xiras
- Contratos
- Premios, homenaxes e dedicatorias
- Datos sobre os seus violins
- Recortes de prensa e revistas



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Libre agás os discos e materiais en mal estado ou encadernados
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo en papel inédito das partituras, inventario do resto da documentación e catálogo dos discos publicado


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñecen outros documentos fóra do Museo
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1988
Comesaña Martínez, Ángela, “Catálogo de la discografía gallega antigua en el Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. LIII, Pontevedra, 1999


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival Description, Second Edition ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:44
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/