[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 29 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección documental Frei Martín Sarmiento



Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038 AMPo
1.2. Título Colección documental de Frei Martín Sarmiento
1.3. Datas Ss. XVII-XIX
1.4. Nivel de descrición Colección documental
1.5. Volume e soporte 4 caixas de arquivo. Soporte en papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Frei Martín Sarmiento
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Frei Martín Sarmiento (1695-1772) naceu en Villafranca del Bierzo e sendo moi neno trasladouse coa familia a Pontevedra, vila que sentiría como a súa verdadeira patria. Estudou no Colexio da Compañía e nos mosteiros de Lérez e de Poio, trasladándose ós 15 anos ó de San Martín de Madrid para ingresar na orde benedictina e onde, salvo en contadas ocasións, pasaría o resto da súa vida. Dedicado unicamente á lectura e á escritura, deixou unha estensísima obra, froito dos informes que emitía contestando ás numerosas consultas que lle facían dende todos os ámbitos da sociedade do momento, incluso do círculo da Corte. Esta obra chegou ós nosos días ben en orixinais propios ou en copias feitas sobre todo despois da súa morte. Xunto co P. Feijoo foi un dos máximos representantes da Ilustración española do século XVIII
2.3. Historia arquivística

Os escritos orixinais do P. Sarmiento nunca se atoparon reunidos nun espazo físico concreto dado que lle remitía a cada interlocutor a información concreta que lle demandaba. Por orde do seu bo amigo D. Pedro Alcántara de Guzmán, duque de Medina Sidonia, fíxose unha copia de todos os materiais dispersos nun total de 17 tomos, dos que 14 se conservan no palacio ducal de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) e tres no Museo de Pontevedra. Desta primeira copia, a máis fiable, fixéronse outras dúas: a de Pedro Franco Dávila, hoxe na Biblioteca Nacional, e outra parcial de Juan Francisco de los Heros que se atopa na Real Academia da Historia. O resto dos escritos están en distintos arquivos da xeografía nacional.

O inventariado e catalogación do fondo fíxose en dúas fases. Primeiramente por D. Xosé Filgueira Valverde no ano 1972, completándose no 2002 pola arquiveira do Museo Mª Jesús Fortes, quen unificou a catalogación seguindo as regras do Ministerio de Cultura

2.4. Forma de ingreso Esta colección documental foise formado ó longo da historia do Museo. Tras o primeiro depósito do Concello de Pontevedra no 1929, destacan as doazóns de Prudencio Rovira Pita (1942), Xosé Filgueira Valverde (1982) e, sobre todo, José Fernández López (1961), quen fixo entrega dos tomos 2, 12 e 17 da colección Medina Sidonia. A éstes depósitos e doazóns hai que engadir as compras de 1975 e 1998 e os materiais incluídos noutras coleccións do Museo, coma a de Francisco Javier Sánchez Cantón


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A colección componse dun total de catro caixas que conteñen tanto orixinais autógrafos coma copias dalgúns tratados exentos. Tamén hai algúns exemplos de correspondencia
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se procedeu a expurgo de materiais
3.3. Novos ingresos Xa descritos en “forma de ingreso”
3.4. Organización

TOMOS DA COLECCIÓN DE MEDINA SIDONIA
Tomo 2. “Diccionario y elementos Etimológicos de Lengua Castellana y Gallega, Antigua y Moderna”
- “Conjeturas para establecer algunas Etimologías de diferentes voces que se usan en España”
- “Noticia de varios Códices Manuscritos e impresos, observaciones hechas por el Pe. Maestro Sarmiento en su lectura”
- “Elementos Etimológicos según el methodo de Euclides”
Tomo 12. “Historia Natural. Reynos Animal y Mineral. Por orden cronológico”
Tomo 17. “Volumen 5º y Último de la Obra de 660 Pliegos del Pe. Maestro Sarmiento”

TRATADOS
- “Recopilación de muchas Palabras voces y Frases De la Lengua Gallega”. Copia.
- “Discurso escrito por el Doctissimo y Rmo. Dn. Fr. Martín Sarmiento, Monge Benedictino, sobre el origen de la voz Meco”. Copia.
- “Discurso sobre el Chasco que injustamente se da a los Gallegos, diciéndoles que perdonen a Meco”. Copia
- “Origen de el nombre y casa de Sn. Julián de Samos Monasterio de Benitos en Galicia”. Copia
- “Origen de los Maragatos”. Copia.
- “Colección de muchas palabras, voces y frases Gallegas, que en el año de 1745 oyó, leyó y observó en la villa de Pontevedra, el Rmo. P. Mro. Fr. Martín Sarmiento, en donde se ha criado, y en otras partes de el Reyno de Galicia”. Copia.
- “Carqueixa”. Copia.
- “Catálogo de algunos Libros curiosos y selectos para una Librería particular de tres mil a quatro mil tomos”. Copia.
- “Cathalogo de las obras del Pe. Mro. Fray Martin Sarmiento recoxidos en 17 crecidos tomos en folio”. Copia.

CORRESPONDENCIA
- A Dª Constanza de Lemos y Valcárcel. 5 cartas
- Á Vila de Pontevedra. 1 carta
- A fr. Pablo Fernández. 1 carta
- Ó seu irmán Javier. 3 cartas



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre
4.2. Condición de reprodución Restrinxidas. Sempre previa solicitude por escrito e atendendo ó tipo de reprodución, estado de conservación, finalidade ou volume demandado
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Soporte en papel. Os tomos da colección Medina Sidonia están encadernados en pergamiño. Colección en bo estado
4.5. Instrumentos de descrición Catálogos publicados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Noutros arquivos atópanse tamén manuscritos de Sarmiento
- Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela
- Arquivo da Fundación Penzol. Vigo
- Arquivo do Mosteiro de Samos
- Arquivo do Mosteiro de Silos
- Arquivo do Palacio Ducal de Medina Sidonia, en Sanlúcar de Barrameda. Cádiz
- Biblioteca Nacional. Madrid
- Real Academia da Historia. Madrid
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Filgueira Valverde, J. Fernando: “El P. Sarmiento en el Museo de Pontevedra” en Cuadernos de Estudios Gallegos, t. XXVII, Santiago de Compostela, 1972
Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra” en El Museo de Pontevedra, tomo XLII, Pontevedra, 1989
Frei Martín Sarmiento (1695-1772). Catálogo da exposición organizada polo Museo de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas. Pontevedra, 2002


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Arquivo do Museo de Pontevedra
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro, 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/02/2005 10:47
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/