[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Histórico da Curia Diocesana de Tui-Vigo



Libro rexistro dos documentos do arquivo da Curia (1801)
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.ACHDT.36055
1.2. Título ARQUIVO HISTÓRICO DA CURIA DIOCESANA DE TUI-VIGO
1.3. Datas 1528-1991
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 290 metros lineis de estantes en soporte papel case na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Curia da Diocese de Tui-Vigo.
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Curia Diocesana compóñena aquelas institucións e persoas que colaboran de forma estable e directa co bispo no goberno de toda a Diocese. Pertencen a este órgano de goberno o vigairo xeral, que deselvolve o oficio principal, o provisor (chamado agora xuíz ordinario), o chanceler, os xuíces diocesanos, os párrocos consultores, os notarios, etc.

Correspóndelle ó bispo designar as persoas que han desempeñar os principais oficios da Curia, que engloba un amplo tipo de actividades: dirección da acción pastoral, administración da Diocese e exercicio da potestade xudicial.

Aínda que todas as actividades son interdependentes e inseparables, non obstante aquí interésanos fixarnos na curia como organismo xerador da escrituración e demais servizos de expedición, rexistración e conservación dos documentos de diversa índole e procedencia.

A Curia diocesana tivo primeiramente as súas oficinas en Tui, sobre a parte do claustro catedralicio que mira ó poñente, ata que o bispo D. López Ortiz as trasladou a Vigo en 1959, no ano no que lle foi concedida á Diocese a dobre capitalidade.

2.3. Historia arquivística

O arquivo da Curia ten un carácter eminentemente administrativo e de goberno. O principal responsable da súa organización e conservación é o chanceler, que pode estar asistido por un vicechanceler. A documentación xérase case totalmente nas parroquias, sendo de ordinario os párrocos os que elaboran as solicitudes, os informes, as memorias e os duplicados dos rexistros dos libros sacramentais, o que posibilita os organismos curiais para o recto goberno da diocese.

Ó trasladárense as oficinas a Vigo, a maior parte da documentación quedou en Tui nas dependencias da catedral, ata que en 1974 pasou definitivamente ó Arquivo Histórico Diocesano.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación producida polos diversos órganos de goberno, tanto unipersoal coma colexial, representa un 60%; aproximadamente un 20% fórmano os documentos das colexiatas, encomenda de Beade e seminario, e o 10% restantes son procesos notariais.
3.2. Valoración, selección e eliminación Naturalmente, algunha documentación é reservada, e non se transfire porque o uso indebido do seu contido pode atentar contra a boa honra e boa fama das persoas. Ofrecen especial interese os documentos que informan sobre a construción de novos templos ou sobre as intervencións nos edificios históricos.
3.3. Novos ingresos A Curia segue producindo anualmente un considerable volume de documentos cuxo destino final será o Arquivo Histórico Diocesano; de momento permanece no ámbito primixenio a documentación posterior a 1959, clasificada como “época de Vigo”.
3.4. Organización

CADRO DE CLASIFICACIÓN

ARQUIVO DA CURIA

4. CURIA

4.1. Goberno
4.1.1. Libros de visitas pastorais, 1528-1798
4.1.2. Rendas e dereitos da dignidade episcopal (36 “caxones”), 1528-1817
4.1.3. Vacantes de beneficios, 1745-1857
4.1.4. Ordes reais, 1745-1857
4.1.5. Confraría da caridade, fundada polo bispo García Benito en 1806

4.2. Acción pastoral e social
4.2.1. Pastorais dos bispos, 1798-1924
4.2.2. Circulares, 1796-1873
4.2.3. Edictos, 1763-1856
4.2.4. Dispensas de parentesco, 1746-1850
4.2.5. Dispensas de proclamas, 1799-1846
4.2.6. Libros de cruzada, 1824-1900

4.3. Libros administrativos
4.3.1. Libros de contas, 1825-1944
4.3.2. Libro de décimos e rendas, 1700-1846
4.3.3. Libro de rexistro dos “caxones”, 1801
4.3.4. Inventarios, 1812-1856
4.3.5. Arranxos e límites parroquiais, 1700-1904
4.3.6. Libros da Xunta Diocesana, 1839-1859
4.3.7. Libros de dotación de culto e clero, 1829-1857

4.4. Documentación da Curia Romana
4.4.1. Bulas e breves pontificios, 1644-1794
4.4.2. Dispensas de impedimentos, 1816-1850

4.5. Fundacións
4.5.1. Patrimonios, 1753-1832
4.5.2. Capelanías, 1663-1883

4.6. Documentación notarial
4.6.1. Provisorato, 1634-1850
4.6.2. Protocolos, 1708-1773

4.7. Patrimonio cultural
4.7.1. Xunta Diocesana de Reparacións, 1810-1880
4.7.2. Reparacións do palacio episcopal de Tui, 1800-1950
4.7.3. Reparacións de templos, 1800-1950
4.7.4. Reparación de capelas, 1800-1950
4.7.5. Desperfectos de casas reitorais, 1800-1950

4.8. Cemiterios
4.8.1. Concesión do traslado de cemiterios parroquiais, 1840-1880
4.8.2. Proxectos e planos, 1840-1880

4.9. Clero diocesano
4.9.1. Libros de Ordes, 1734-1929
4.9.2. Expedientes de liberdade, 1850-1900
4.9.3. Libros de licenzas, 1796-1898
4.9.4. Libros de confesores de relixiosas, 1828-1832

4.10. Seminario conciliar de Tui
4.10.1. Ingreso de alumnos, 1858-1926
4.10.2. Contas, 1882-1894
4.10.3. Obras e reparacións, 1858-1884

4.11. Encomenda de Beade (Ourense)
4.11.1. Capelanías, 1611-1765
4.11.2. Foros e rendas, 1720-1860
4.11.3. Visitas pastorais, 1638-1853

4.12. Colexiata Baiona
4.12.1. Estatutos, 1571-1812
4.12.2. Vacantes de beneficios, 1762-1845
4.12.3. Foros e censos, 1578-1824
4.12.4. Ordes reais, 1816-1853
4.12.5. Contas, 1851-1860
4.12.6. Acordos capitulares, 1836-1842
4.12.7. Visitas pastorais, 1826-1846
4.12.8. Capelanías, 1780-1845
4.12.9. Hospital, 1762-1842

4.13. Colexiata de Vigo
4.13.1. Actas Capitulares, 1616-1691
4.13.2. Capelanías e Obras Pías, 1570-1816
4.13.3. Confrarías Santísimo Rosario, 1736-1800
4.13.4. Circulares, 1790-1862
4.13.5. Foros e Rendas, 1562-1769
4.13.6. Reparacións, 1807-1836
4.13.7. Hospital, 1599-1835

4.14. Arquivos de persoas físicas
4.14.1. Juan Domínguez Fontenla, 1593-1916
4.14.2. José Espinosa Rodríguez, 1779-1940
4.14.3. Familia Yáñez Acal, 1786-1900
4.14.4. Domingo Álvarez Álvarez, 1900-1965
4.14.5. Ricardo Torres Quiroga, 1925-1991
4.14.6. Jesús Gómez Sobrino, 1960-1986



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ós documentos poden acceder os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e ó Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está restrinxida para evitar o deterioro da integridade dos documentos. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e a súa reprodución dixital.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Latín, castelán e galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
A maioría en papel; só as bulas teñen como soporte pergameo.
4.5. Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Arquivos parroquiais e Arquivo da Curia, Vigairía Xeral.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Revista “Tui. Museo e Arquivo Histórico Diocesano”. Números 1-9 (1975-2001).


6. Área de notas
6.1. Notas Ocupa o mesmo edificio có Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo Capitular da catedral de Tui. Debido á súa prolífica produción documental, é o fondo que fai máis urxente a ampliación de espazos para que non se produza en breve un colapso no ordenamento arquivístico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Avelino Bouzón Gallego, director. Roberto Fernández Díaz, auxiliar.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2005.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/03/2005 08:50
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/