[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Histórico da Curia: Vigairía Xeral da Diócese de Tui-Vigo



Plano de Redondela (1890)
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.ACHDT.36055
1.2. Título ARQUIVO HISTÓRICO DA CURIA: VIGAIRÍA XERAL DA DIOCESE DE TUI-VIGO
1.3. Datas 1800-2000
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 170 metros lineais de estantes en soporte papel case na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Curia da Diocese de Tui -Vigo.
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Vigairía Xeral é un dos órganos de goberno da curia diocesana, á fronte da cal está o vigairo xeral que ten todas as competencias administrativas do bispo, salvo as que expresamente se reservara o prelado.
2.3. Historia arquivística O arquivo da Vigairía Xeral forma parte do mesmo arquivo da curia diocesana pero dividiuse nun fondo independente porque a abundante documentación remitida nos tres últimos anos ó Arquivo Histórico Diocesano polo dilixente chanceler-secretario, don Alfonso Fernández Galiana, ten un cadro de clasificación propio e polo miúdo, co que resultaría un traballo tedioso e innecesario realizar un novo ordenamento.
2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Aproximadamente un 70% da documentación procede das solicitudes e informes dos párrocos, un 20% corresponde ás ordes relixiosas e o derradeiro 10% ós duplicados das partidas sacramentais.
3.2. Valoración, selección e eliminación Existe algunha documentación reservada que non se tranfire porque o uso indebido do seu contido pode atentar contra a honra de persoas físicas. Ofrecen especial interese os expedientes que tratan de intervencións nos templos e noutros edificios históricos.
3.3. Novos ingresos A vigairía segue xerando un considerable volume de documentos que pasarán a curto prazo ó Arquivo Histórico Diocesano.
3.4. Organización

CADRO DE CLASIFICACIÓN

5. A. VIGAIRÍA

5.1. Clero
5.1.1. Solicitudes e instancias, 1800-1959

5.2. Templos
5.2.1. Igrexas parroquiais, 1800-1959
5.2.2. Capelas, 1800-1959
5.2.3. Oratorios privados, 1800-1959

5.3. Casas reitorais e igrexarios, 1800-1959

5.4. Cemiterios
5.4.1. Concesión de parcelas, 1800-1959
5.4.2. Proxectos e planos, 1800-1959

5.5. Contas, 1800-1959

5.6. Visitas pastorais, estatísticas e inventarios, 1800-1959

5.7. Duplicados de partidas, 1918-2000

5.8. Asuntos varios
5.8.1. Arranxos parroquiais, límites, etc., 1800-1959

5.9. Ordes relixiosas
5.9.1. Xustinianas (Vilavella-Redondela), 1676-1942
5.9.2. Dominicas, 1800-1960
5.9.3. Dominicas de Baiona, 1660-1834
5.9.4. Beneditinas, 1860-1960
5.9.5. Clarisas, 1800-1960
5.9.6. Compañía de María, 1886-1945
5.9.7. Relixiosas do Sagrado Corazón de María, 1915-1933
5.9.8. Irmás da Visitación, 1924-1960
5.9.9. Misioneiras de María Mediadora, 1940-1955
5.9.10. Irmás de Santa Dorotea (Doroteas), 1950-1960
5.9.11. Carmelitas descalzas do Rosal, 1934-1965
5.9.12. Carmelitas descalzas de Sabarís, 1940-1970
5.9.13. Franciscanas da Nai do Bo Pastor, 1940-1964
5.9.14. Franciscanas Hospitalarias de Calais, 1927-1960
5.9.15. Franciscanas Hospitalarias da Inmaculada Concepción, 1933-1950
5.9.16. Franciscanas Misioneiras de María, 1920-1968
5.9.17. Franciscanos, 1800-1900
5.9.18. Ordes extinguidas, 1800-1960



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ós documentos poden acceder os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e ó Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está moi limitada, para garantir a integridade dos documentos. As fotocopias e as reproducións dixitais solicítanse mediante impreso debidamente cuberto.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Todo en papel.
4.5. Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Arquivos parroquiais e Arquivo da Curia Diocesana.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Revista “Tui. Museo e Arquivo Histórico Diocesano”. Números 1-9 (1975-2001).


6. Área de notas
6.1. Notas Ocupa o mesmo edificio có Arquivo Histórico Diocesano e có Arquivo Capitular da catedral de Tui. Debido á súa prolífica produción documentaria faise urxente ampliación de espazos para que non se produza a curto prazo un colapso no ordenamento arquivístico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Avelino Bouzón Gallego, director. Roberto Fernández Díaz, auxiliar.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2005.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/03/2005 14:07
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/