[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Histórico do Hospital de Tui



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Antigo Hospital de Tui
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.ACHDT.36055
1.2. Título ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL DE TUI
1.3. Datas 1441-1975
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 180 metros lineais de estantes en soporte pergameo e papel.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Hospital da Diócese de Tui-Vigo.

2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O ilustre historiador tudense, Ávila y la Cueva, afirma que xa dende o século XII a poboación contaba cun hospital no que, ademais de coidar os doentes pobres, se lles daba pousada ós peregrinos que se dirixían ou volvían de Santiago. O edificio, sito nos arredores da catedral, acollía na parte baixa a alfóndega ou mercado cuberto da cidade, tal como figuraba nun expresivo rótulo que recolle o mencionado historiador: “Alfóndega de Tui MCLXXXI”. En 1756 o bispo Rodríguez Castañón mandou levantar un novo hospital, baixo o título e advocación da Virxe do Pilar, no sitio do anterior, que construíra o prelado D. Diego de Torquemada. Por outra parte, a acta de 20 de xullo de 1813 indica que o bispo García Benito doou para a súa edificación a terceira parte da pedra da capela da irmandade Escola de María, situada na rúa de Tras a Obra (hoxe, rúa Sanz).

Pasado o tempo, o edificio fíxose pequeno, entón a Xunta de goberno determinou construír un novo, do que se puxo a primeira pedra o 24 de xuño de 1902 e que inaugurou o bispo D. Manuel Lago González no ano 1923. O antigo edificio do hospital e inclusa foi vendido en 1902 á Congregación relixiosa das Franciscanas Misioneiras de María, que ó marchar de Tui en 1968 llo doaron á Diocese.

Na actualidade o histórico edificio está dedicado a Museo Diocesano e aínda conserva no patio interior o escudo de armas do bispo Torquemada que figuraba na primitiva fachada.

A institución benéfica estivo presidida polos prelados da Diocese, que nomeaban a prestixiosos clérigos para a súa dirección.

Estes, á súa vez, formaban a Xunta de goberno que, segundo recollen as actas, se reunía con frecuencia e tomaba os acordos que lles garantiran a atención ós máis desherdados.

A institución perdurou ata 1954, ano no que as Irmanciñas dos Anciáns Desamparados abriron en Tui a residencia de San Telmo e acolleron alí os pobres e doentes da comarca do Baixo Miño.

2.3. Historia arquivística

Dos documentos depositados no Hospital tudense e agora conservados no Arquivo Histórico Diocesano, o máis antigo é o que leva data de 24 de marzo de 1441 e trata dunha doazón que fixeron ó hospital de pobres e peregirnos da cidade Pedro Estévez, Juan da Bouza e Lorenzo Calvo, xustizas de Tui, e outros veciños da cidade. A doazón consistía nas “rendas do peso”, é dicir, o imposto do que se compraba e vendía no mercado.

As constitucións do bispo D. Diego de Torquemada, publicadas o 15 de xaneiro de 1569, estableceron en quince artigos as normas polas que se debería rexer o Hospital de Pobres e o de San Xián dos Lázaros, situado este último no arrabal do Rollo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa de documentos e escrituras.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O 50% do volume documental corresponde ós libros administrativos, o 25% á documentación notarial e o outro 25% á acción pastoral da Inclusa.
3.2. Valoración, selección e eliminación Selecciónase a documentación que afecta a persoas físicas para preservar a súa honra e a súa boa fama das mesmas. Cabe destacar os legaxos co proxecto e memoria do derradeiro hospital e da inclusa.
3.3. Novos ingresos É un arquivo pechado porque a institución deixou de existir en 1954.
3.4. Organización

CADRO DE CLASIFICACIÓN

3. ARQUIVO HISTÓRICO DO HOSPITAL

3.1. Goberno
3.1.1. Constitucións do bispo Torquemada, 1569
3.1.2. Libro de actas, 1799-1930
3.1.3. Libro de correspondencia, 1857-1927
3.1.4. Vacantes de beneficios, 1790-1810
3.1.5. Rexistro de expósitos e enfermos, 1897-1958
3.1.6. Rexistro de militares, 1880-1931

3.2. Libros administrativos
3.2.1. Libros de contas, 1845-1929
3.2.2. Inventarios, 1846-1940
3.2.3. Padroados, 1830-1950
3.2.4. Foros e rendas, 1830-1907
3.2.5. Décimos, 1811-1851

3.3. Acción pastoral
3.3.1. Rexistro de bautizados, 1867
3.3.2. Dilixencias matrimoniais, 1826-1880
3.3.3. Libro de defuncións, 1876-1879

3.4. Fundacións
3.4.1. Patrimonios, 1795-1810
3.4.2. Capelanías e obras pías, 1753-1812
3.4.3. Fundación Félix Rodríguez, 1910-1975

3.5. Documenación notarial
3.5.1. Libro de documentos antigos, s. XV
3.5.2. Libro tumbo en pergameo, s. XVI
3.5.3. Protocolos notariais, 1777-1843
3.5.4. Preitos, 1780-1812
3.5.5. Pedimentos, 1780-1845

3.6. Documentación cartográfica
3.6.1. Planos do novo hospital e da inclusa de Tui, 1900-1930



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Ós documentos teñen acceso os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e ó Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
4.2. Condición de reprodución A reprodución está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. As fotocopias e as repoducións dixitais solicítanse cubrindo un impreso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Latín, castelán e galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
A maioría en papel, aínda que tamén existen documentos escritos en pergameos. O estado de conservación é aceptable, aínda que a humidade produciu deterioros en marxes e cubertas.
4.5. Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se sabe da existencia de orixinais fóra deste arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Revista "Tui. Museo e Arquivo Histórico Diocesano", ´Numero 1-9 (1975-2001)


6. Área de notas
6.1. Notas O fondo Hospital comprende tamén a Inclusa e ocupa o mesmo edificio có Arquivo Capitular e o Histórico Dioceano.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Avelino Bouzón Gallego, director. Roberto Fernández Díaz, auxiliar.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2005.

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/03/2005 14:16
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/