[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Cambados



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de xurisdición civil (voluntaria) nº 9/1948
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Cambados
1.3. Datas 1933-1991
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 1280 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Cambados
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Creado o Xulgado de 1ª Instancia polo Regulamento da administración de Xustiza de 1835 e consolidado, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei adicional de 1882, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Cambados abarca nas súas competencias os municipios de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Meaño. Pola Lei 12/1982, do 31 de marzo, créase o Partido Xudicial de Vilagarcía de Arousa, do que pasan a formar parte, segregándose do de Cambados, os concellos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Así mesmo, a Lei 28/1988, de demarcación e planta xudicial, crea o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados, que absorberá os asuntos dos suprimidos Xulgados de Distrito de Cambados e Sanxenxo, pasando o máis antigo a numerarse co nº 1.
2.3. Historia arquivística Debido á inauguración dunha nova sede xudicial, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 solicitou o traslado ó A.H.P. dos expedientes de determinada antigüidade. En abril de 2003 tivo lugar o ingreso dos expedientes do Xulgado nº 1 nun local recentemente alugado e acondicionado pola Consellería de Cultura; estableceuse como data límite o ano 1990, co fin de liberar o máis posible o arquivo xudicial, e tendo en conta que é o ano no que deixan de funcionar os Xulgados de Distrito (Cambados e Sanxenxo neste caso) e inicia a súa actividade o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e mais as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización En proceso de organización e descrición.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En xeral, o estado de conservación é bo.
4.5. Instrumentos de descrición Relación de entrega.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación relacionada, en materia penal, no Fondo da Audiencia Provincial.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:26
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/