[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Redondela



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Rexistro de Sumarios de 1930
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Redondela
1.3. Datas 1929-1970 (predomina 1932-1970)
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 177 caixas e 48 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os xulgados de 1ª Instancia créanse polo Regulamento da administración de xustiza de 1835, consolidándose, con funcións de primeira instancia no civil e instrución no penal, pola Lei adicional de 1882. O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela abarcará nas súas competencias os concellos de Redondela, Mos, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. O Decreto 3388/1965, polo que se modifica a demarcación xudicial, suprime o Xulgado de Redondela, aínda que esta supresión non será efectiva ata a Orde do 7 de xullo de 1970, pola que se clausura o xulgado e se distribúen os municipios do seguinte xeito: Redondela e Pazos de Borbén pasan ó partido xudicial de Vigo, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2, e continuando o Xulgado Comarcal de Redondela (creado en 1945); Soutomaior e Fornelos pasan ó partido xudicial de Pontevedra, dependendo do Xulgado de 1ª Instancia en Instrución nº 1, e quedando adscritos os seus xulgados de paz ó municipal de Pontevedra; Mos intégrase no partido xudicial de Tui, quedando adscrito ó Xulgado Comarcal de Porriño. Por último, a Lei 38/1988, de demarcación e planta xudicial, volta a crear o partido xudicial de Redondela, do que forman parte os municipios de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, co seu correspondente Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.
2.3. Historia arquivística Os expedientes do suprimido Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Redondela ingresaron no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en outubro de 1988, mesturados coa documentación xudicial de Vigo, que se atopaba no antigo edificio dos xulgados. En 1996 remitíronse dende Vigo ó Arquivo Histórico algunhas bolsas con “expedientes antigos” que apareceran no edificio xudicial ó facer unhas obras. No primeiro caso, levouse a cabo un traballo de separación da documentación producida polo Xulgado de Redondela da xerada polos xulgados vigueses, separando ó mesmo tempo os da xurisdición civil dos da penal, e procedendo despois á súa ordeación cronolóxica e numérica; posteriormente, incorporáronse os novos expedientes atopados á súa secuencia correspondente.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación está composta polos xuízos civís en primeira instancia e os sumarios sobresidos, na orde penal, así como as dilixencias previas e preparatorias e as apelacións dos xulgados municipais e comarcais.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización

MATERIA CIVIL
- Expedientes de xuízos civís
- Apelacións de xuízos de xulgados municipais
- Rexistros de apelacións
- Rexistros de exhortos civís

MATERIA PENAL
- Sumarios sobresidos
- Dilixencias previas
- Dilixencias preparatorias
- Apelacións de xuízos verbais de faltas
- Rexistros de sumarios
- Rexistros auxiliares de causas
- Rexistros de dilixencias previas
- Rexistros de dilixencias preparatorias
- Rexistros de executorias
- Rexistros de exhortos criminais



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Unha parte da documentación presenta problemas debido á oxidación dos elementos metálicos pola humidade.
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación relacionada nos fondos dos xulgados de 1ª Instancia e Instrución de Vigo, Pontevedra e Tui, xa que dende 1971 absorben o partido xudicial de Redondela, así como no fondo da Audiencia Provincial.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:27
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/