[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xulgado de Distrito de Tui



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de xuízo verbal civil nº 3/1951
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xulgado de Distrito de Tui
1.3. Datas 1911-1990
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 442 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xulgado Municipal de Tui
Xulgado Comarcal de Tui
Xulgado de Distrito de Tui
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A Lei do 5 de agosto de 1907 estableceu que “en cada término municipal habrá un Xulgado municipal constituído por un juez, un fiscal y un secretario”. Pola Lei de bases de 1944 estableceuse unha división entre xulgados municipais, radicados nas capitais de provincia e concellos de máis de 20.000 habitantes, comarcais, radicados en “capitales de comarca”, e de Paz. A Orde do 24 de marzo de 1945 creou, entre outros, o Xulgado Comarcal de Tui, sen competencias sobre ningún xulgado de paz, polo que o seu ámbito de actuación sería o propio termo municipal de Tui ata a conversión, pola Orde do 23 de novembro de 1957, do xulgado comarcal de Tomiño en Xulgado de Paz dependente do Comarcal de Tui. Polo R.d. 2104/1977, este xulgado comarcal pasará a chamarse de Distrito e posteriormente, tras as supresión dos xulgados de distrito pola Orde do 22 de novembro de 1989, constituirase como Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Tui.
2.3. Historia arquivística Ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en abril de 2004, do mesmo xeito có resto da documentación xudicial do partido de Tui.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido No eido civil a documentación está formada por xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento e mais actos de conciliación, e no eido penal, de xuízos de faltas.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias, en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico
3.4. Organización En proceso de organización e descrición.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En xeral, o estado de conservación é bastante bo
4.5. Instrumentos de descrición Relación superficial realizada nos locais dos Xulgados antes do seu traslado


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Tui
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 11:55
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/