[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Instituto de Reformas e Desenvolvemento Agrícola (IRYDA)



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Boletín Individual da Propiedade. T-5 do Concello de Silleda
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título IRYDA
1.3. Datas [197-]
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 52 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xefatura Provincial do IRYDA
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” créase pola Lei 35/1971 do 21 de xullo como organismo autónomo da Administración do Estado, dependente do Ministerio de Agricultura. Ten como finalidade o desenvolvemento e a modernización das estruturas agrarias. Suprímense a “Dirección General de Colonización e Ordenación Rural”, o “Instituto Nacional de Colonización”, o “Servicio Nacional de Concentración Parcelaria y Ordenación Rural”, o “Consejo Nacional de Colonización” e a “Comisión Central de Concentración Parcelaria”.

O Decreto 3220/1971 do 23 de decembro no seu artigo 13 establece a existencia de xefaturas provinciais en cada provincia.

Por Real decreto 2423/1982 do 24 de xullo traspásanse funcións e servizos en materia de reforma e desenvolvento agrario do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

2.3. Historia arquivística O 1 de marzo de 1979 asínase a acta de entrega entre o xefe provincial do IRYDA e o director do Arquivo ingresando o día 9 do mesmo mes.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido “Boletíns Individuais da Propiedade T-5 para a concentración parcelaria” (enquisas para a investigación dos propietarios das terras e a súa clasificación).
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización Preséntase organizado por concellos e por parroquias:
- Cerdedo
- Cuntis: Arcos de Furcos
- A Estrada: Agar; Ancorados; Berres; Callobre; Cora; Curantes; Guimarei; Loimil; Moreira; Oca; Riobó; Rubín ; San Xulián de Vea; San Xurxo de Vea; San Miguel de Castro; Santa Cristina de Vea; Somoza
- Forcarei: Presqueiras
- Ponteareas
- Ribadumia: Besomano; Ribadumia
- O Rosal: As Eiras- Tabagón; Santa María do Rosal
- Silleda: Ansemil-Breixa-Martixe; Bazar-Pazos; Carboeiro-Saidres; Chapa-Manduas; Escuadro-Relas; Silleda


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Relación de entrega


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias As xefaturas provinciais enviaban ó “Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario” de Madrid, á Notaría do Distrito e ó Rexistro da Propiedade copias dos títulos de propiedade e planos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Ás delegacións de Facenda (Catastro de Rústica) envíanse unha colección de planos e unha relación de propietarios a efectos fiscais.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 12:03
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/