[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística (INE)



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Cuestionario do Censo de Poboación e Vivenda
de 1970 do Concello de Silleda
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial de Estatística
1.3. Datas 1970-1983
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 2678 carpetas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Delgación Provincial de Estatística de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O Instituto Nacional de Estatística créase pola Lei do 31 de decembro de 1945, adscrito á Presidencia do Goberno para recoller e procesar os datos estatísticos, a formación de censos de poboación, edificios, vivendas,... Polo Decreto do 2 de febreiro de 1948 organízanse os servizos centrais e as delegacións provinciais.

Coa Lei 12/1989 do 9 de maio pasa a ser un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ó Ministerio de Economía e Facenda.

2.3. Historia arquivística

A Delegación Provincial de Estatística envía o 24 de novembro de 1980 ó Arquivo a documentación do “Censo Xeral de Poboación e Vivenda” do ano 1970; vinte días máis tarde remite a documentación da Delegación de Estatística de Vigo.

O 13 de outubro de 1987 a Delegación Provincial manda o “Censo de poboación” de 1981; “altas e baixas no censo electoral”; “rueiro”,...

2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A meirande parte da documentación correspóndese cos “censos de poboación e vivenda” de 1970 e 1981. O resto da documentación pertence ó censo electoral (“altas e baixas”; “renovación”,...).
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización Organízase por concellos, distritos e seccións.
- Censo de poboación e vivenda 1970
- Censo de poboación e vivenda 1981
- Censo electoral 1981
- Renovación do censo electoral 1981
- Altas e baixas no censo electoral 1983
- Lista de establecementos de Pontevedra
- Reacción de electores duplicados e triplicados da provincia de Pontevedra”.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempadas no art. 57.1.c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias Arquivo do Instituto Nacional de Estatística
Nos concellos existen copias dos censos electorais
5.3. Unidades de descrición relacionadas A información que contén o censo de poboación correspóndese co padrón municipal de habitantes dos concellos da provincia.
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas Esta documentación atópase en caixas de embalaxe, co número de carpetas no exterior. Non se colocou en estanterías debido á falla de espazo existente neste Arquivo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 12:05
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/