[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 20 DE NOVEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo » Índice de títulos
Páxina Principal
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Revistas
Libros dixitais

Páxina [1] 2 3
EDITORIAL  

Catálogo. Títulos

Antón Sobral
Sobral, Antón


Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-332-6
138 p.
Il. col.; 25,5 x 22 cm
P.V.P.: 28,00 €




Esta publicación é unha monografía completa sobre a pintura de Antón Sobral dos últimos quince anos da súa traxectoria artística. A escolla de traballos abrangue: Dende Portosín (1990), Néboa (1993), Montañas (1996), Dúas ondas (2000), Mar tormenta II (2002), Serie Océano Sobral (2006), De Noia a Arou (2008)… Percorrendo as imaxes do catálogo descubrimos a vida e obra do artista, os seus encontros con Hans Haacke, Robert Morris, Ana de Matos, Gerhard Mader, entre outros; a súa viaxe a Venecia, que lle inspiraría para unha das súas exposicións, e a súa paixón pola fotografía. «Desde que ten memoria como pintor, e iso sucede desde a primeira adolescencia, Antón Sobral, que é dunha vila mariñeira por antonomasia, Marín, asociou o mar á arte e ambos os dous conceptos son indisolubles na maneira de concibir a súa ollada estética: xamais deixou de pintar o mar, nin de o fotografar, nin de o sentir.» Este magnífico libro-catálogo contén textos de Rosa Aneiros, Rosa Bugallo, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, X. Antón Castro, María do Cebreiro, Pedro Fernández, Susana Fortes, Sara Jess, Seve Penelas, María Seage, Xaime Toxo e Ramón Rozas, específicos para esta edición. O deseño do libro é de Carmen Hermo e a cuberta un dos cadros do pintor.



Volver á páxina anterior

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/11/2017 14:18
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/