[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 20 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial do Ministerio de Facenda de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Tui. Murallas. Planos. "Vista topográfica del terreno
titulado paso a la Falsa Braga". S. d.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPP.36038
1.2. Título Delegación Provincial do Ministerio de Facenda de Pontevedra
1.3. Datas 1744 - 1991
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 12.159 caixas e 10.140 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Intendencia
- Administración provincial
- Delegación de Facenda
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Non é doado facer unha historia da Administración Provincial da Facenda Pública pois carece dunha estrutura orgánica ata ben avanzado o s. XIX. Aparece máis centrada en cargos que en órganos, especialmente os intendentes e administradores. Na figura do intendente aúnanse funcións políticas xunto ás propiamente facendísticas e na Administración da Facenda Pública sucedéronse unha serie de oficinas e dependencias diversas e cambiantes coma a Contaduría de Propios, a Administración Provincial de Rendas, a Xunta Provincial de Desamortización, a Administración de Propiedades e Dereitos do Estado ou a Administración de Contribucións. A reforma de 1845 esixiu un cambio simultáneo na administración, que se levou a cabo baixo a etapa de Bravo Murillo: en 1849, polo Decreto de 28 de decembro, quedaron substituídos os antigos intendentes polos gobernadores civís que, desde entón, exerceron funcións de inspección e vixilancia coa colaboración dos administradores, tesoureiros e contadores de facenda. A Lei do 9 de decembro do 1881 crea o cargo de delegado de facenda, que exerce a autoridade económica superior nas provincias quedando patente así a independencia en asuntos económicos entre os delegados de facenda e os gobernadores civís. Dita lei foi derrogada pola do 24 de xuño de 1885, aparecendo a figura do administrador de facenda e, ó ano seguinte, polo R. d. do 14 de xaneiro, volveu restablecerse os delegados de facenda e a organización das oficinas principais nos mesmos termos, é dicir: unha Admón. de Contribucións e Rendas, unha Admón. de Propiedades e Dereitos do Estado, unha Tesourería e unha Intervención. Un decreto do 9 de xullo do 1892 amplía a estrutura das delegacións, incluíndo o avogado do Estado e unha dependencia de Inspección e Investigación. O regulamento do 13 de outubro do 1903 crea a inspección provincial e unha administración de Facenda que en 1910 se convertirá en Admón. de Propiedades e Impostos e, no 1924, en Admón. de Rendas Públicas. Son numerosas as sucesivas modificacións que afectan á estrutura orgánica da Admón. Territorial de Facenda. A primeira gran reforma da súa estrutura administrativa prodúcese polo Decreto 1178/65, e pola O. M. do 31 xaneiro de 1966, as delegacións de facenda quedan constituídas polas seguintes dependencias: Avogacía do Estado, Admón. de Servizos, Admón. de Tributos Directos e Indirectos, Intervención, Tesourería, Inspección, Patrimonio; e como órganos colexiados: Tribunal Económico Administrativo, Tribunal de Contrabando e a Xunta Arbitral de Aduanas. A Orde do 27 de maio do 1971 e a Instrución do 8 de decembro desenvolveron a estrutura orgánica das delegacións de Facenda, establecidas no art. 8 do D. 407/71 que se debían acomodar ós principios de economía, celeridade e eficacia. Na Admón. de Tributos refundíronse as administracións de tributos directos e indirectos e creouse a Admón. de Impostos Inmobiliarios. Máis recentemente, e tralas reformas democráticas do aparato do Estado vólvese reestruturar polo R.d. 489/79 do 20 de febreiro, que establece as delegacións de facenda especiais e as administracións de facenda, estas cun ámbito territorial inferior ó provincial. A orde do 23 de maio do 1980 establece o organigrama coas seguintes dependencias: Avogacía do Estado, Informática, Inspección, Intervención, Patrimonio, Relacións cos Contribuíntes, Servizos Xerais, Tribunal Económico Administrativo e Tesourería. A Lei 31/83 do 28 de decembro debe mencionarse pola cesión de tributos á Comunidade Autónoma de Galicia. Non podemos esquecer así mesmo (pola importancia da documentación transferida) a creación do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria e as xerencias territoriais como órganos territoriais periféricos, segundo o R. d. 1279/85 do 24 de xullo, determinando a súa composición e funcionamento a Orde do 28 de xullo do 1986. Finalmente, a partir de 1991, ó crearse a Axencia Estatal Tributaria, as delegacións perden a favor destas as competencias en materia tributaria e aduaneira, reservándose as cuestións de intervención, tesourería e patrimonio. Polo Real decreto do 30 de decembro do 1990 cambian as delegacións a súa denominación pola de delegacións provinciais de Economía e Facenda.
2.3. Historia arquivística En 1889 toma posesión o primeiro arquiveiro do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos encargándose do arquivo da Delegación de Facenda que estaba situada nunha parte do convento desamortizado de San Francisco. As condicións do local e a documentación alí instalada eran pésimas. Antes desta data xa se remitiran á Academia da Historia, ó Arquivo Histórico Nacional e ó Arquivo do Reino de Galicia numerosos fondos históricos dos conventos suprimidos. O Arquivo Histórico Provincial (AHP) créase en 1934 e vai ocupar unha das salas do Arquivo da Delegación de Facenda, que estreaba un local novo e que tiña espazo libre tras efectuar un expurgo de fondos. A 1ª transferencia documentada realízase o 1 de decembro de 1962, cumprindo o disposto pola circular da Subsecretaría de Facenda de data 12 de xaneiro de 1962, pola que se debía transferir toda a documentación de máis de 25 anos de antigüidade. Segundo consta no rexistro de entrada de documentos, transferíronse 1.038 atados e 848 libros (estes constituídos na súa maioría polo Real de Legos do Catastro do Marqués de la Ensenada). Despois deste envío masivo, realizado de forma arbitraria, houbo outro en 1973 coa restante documentación do Catastro do Marqués de la Ensenada e atados de desamortización que completaban series da primeira transferencia. En 1985 o arquivo da delegación de facenda debe trasladarse a un local máis pequeno e é necesario transferir uns 6.000 libros e uns 7.000 atados ó AHP. Como este carece de espazo para asumir semellante volume de documentación, tras múltiples xestións, decídese o seu traslado ós sotos da aduana de Vigo.O control, en principio, lévase desde o AHP, aínda que a chave queda na propia Delegación. Entre os anos 1988 e 1993 lévanse a cabo pequenas transferencias desde este depósito de Vigo, case sempre para atender solicitudes de usuarios. Coa marcha da biblioteca pública ó seu novo edificio, o AHP dispón de máis espazo e asume máis transferencias nos seguintes anos: 1988-1990 a Xerencia Territorial envía a documentación do Catastro da Riqueza Rústica da provincia de Pontevedra, agás dos concellos nos que o dito catastro non se levou a cabo. En 1990 a oficina de Inspección remite carpetas de sociedades dos anos 1974-1985; nos anos 1990-1991 e 1997 o Arquivo da Axencia Estatal Tributaria transfire os rexistros fiscais de edificios e terreso edificables; libros e caixas de declaracións de renda e patrimonio de 1982; libros do imposto industrial-licenza fiscal anos 1962-69 e dos impostos de sucesións, transmisións e actos xurídicos documentados, libros de 1959-1978 e atados de 1961-1978. Trala reforma do edificio do AHP (1993-1996) recíbense as seguintes transferencias: en 1997 a Xerencia Territorial envía padróns do Catastro de Urbana de 1989 –1991 e libros índices da riqueza da Contribución Rústica e Pecuaria de 1945-1956; o Arquivo da Axencia Estatal Tributaria, libros do Imposto Industrial–Licenza Fiscal de 1952-1991 e atados de 1991 e o Arquivo da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda remite 100 atados con expedientes do imposto de sucesións e transmisións de 1965-1978 que necesitaron ser intercalados nas caixas correspondentes xa instaladas nos respectivos depósitos. Grazas ó aluguer dunha nave próxima ó edificio do arquivo, puidéronse efectuar as seguintes transferencias: o 11 de novembro de 2002 a Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda remitiu diversos libros e mazos do imposto de luxo anos 1974-83, libros de liquidacións do imposto de sucesións e transmisións de intervención e avogacía do Estado (1974-1978), exptes. soltos de avogacía do Estado exptes. de estados de valores das oficinas liquidadoras da provincia de Pontevedra; o Arquivo da Axencia Estatal Tributaria transferiu con data 7 de xaneiro do 2003 libros de contribución rústica e urbana, do imposto industrial licenza fiscal, expedientes do Tribunal de Contrabando e de Patrimonio do Estado, que completaban series xa existentes no AHP, así como sobres con documentación de clases pasivas civís e militares en total desorganización. Finalmente, e tamén este ano, quedaron depositados nesa nave todos os libros que estaban na aduana de Vigo: 4.783 e 2.095 atados correspondentes á Secretaría Delegación de Facenda (1942-1974); Avogacía do Estado (1907-1967); Admón. de Propiedades e Contribución Territorial/ Admón. de Impostos Inmobiliarios (1902-1972); Centro de Xestión e Cooperación Tributaria (1973-1979) Admón. De Rendas Públicas/Admón. de Tributos/ Relación cos Contribuíntes (1898-1978); Inspección (1926-1944), Intervención (1900); Tesourería (1900-1926); Tribunal Economico Administrativo (1928-1975) e Tribunal de Contrabando (1929-1951) .
2.4. Forma de ingreso Transferencias


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido O fondo reúne documentación producida pola Intendencia, as oficinas provinciais da Facenda Pública (Administracións, Contaduría, Tesourería) e a correspondente tras a creación da Delegación de Facenda de Pontevedra a partir de 1881. Os documentos son principalmente de tipo fiscal, contable e catastral. Refírense sobre todo á xestión dos diferentes impostos. Do s. XVIII cabe destacar a documentación do Catastro do Marqués de la Ensenada non só polos datos da propiedade e a riqueza da provincia senón tamén pola información máis ampla sobre distintos aspectos da vida das fegresías tomadas como unidade catastral. Do s. XIX da Admón. de Aduanas e Rendas Estancadas podemos resaltar as diferentes series relativas á renda do sal e da Admón. de Propiedades e Dereitos do Estado as series referentes ós inventarios de bens desamortizados, os expedientes de poxas de predios, foros e censos, etc., así como as relacións de montes e devesas procedentes de propios, comúns dos pobos e do Estado e os expedientes de excepción de venda dos montes do común de veciños de distintos concellos.É necesario reorganizar todo este fondo.
3.2. Valoración, selección e eliminación No ano 1981 elimináronse 31 atados con follas de liquidacións do imposto de dereitos reais dos anos 1871-1874; 1894-96; 1901, 1903, 1905-07, 1911-12, 1916, 1920, 1926-27, 1934 e 1937.
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das dispoñibilidades de espazo do AHP
3.4. Organización Clasificación orgánico-funcional e ordenación cronolóxica.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 57.1c) da Lei 16/85, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Manuscritos e mecanografados
4.5. Instrumentos de descrición Inventario. Índice onomastico en soporte informático de exptes. de Comprobación de Valores (imposto de sucesións e transmisións) .


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias Das contribucións de rústica, urbana e industrial existen copias nos concellos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Documentación de “Montes del Común” no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra
5.4. Nota de publicacións

- Monografías
GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga... [et.al.]: El monte en Galicia: fuentes para su estudio. Madrid: Subdirección General de Archivos, 1980
GIRALDEZ LOMBA, Antonio: Sobrevivir a los años del hambre en Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 2002
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: La anexión del Ayuntamiento de Bouzas a Vigo (1900-1904). Vigo: Instituto de Estudios Vigueses, 2003
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: Teis : memoria histórica dunha parroquia do litoral (Vigo / Lavadores) : das orixes á posguerra. Teis (Vigo) : Asociación Veciñal de Teis, 2003
OBELLEIRO, Luis: As escolas de fundación de obra pía de San Martiño de Verducido e San Salvador de Lama. A Lama: Concello da Lama, 1998
OTERO PIÑEIRO, Gabriel: Santa Clara de Pontevedra en la Edad Moderna : estructura económica del Convento (1640-1834). Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2003
PEREIRA FIGUEROA, Miguel A.: Datos documentales de “Montes del Común” en el Archivo de esta Diputación (sección histórica). Pontevedra: Diputación Provincial de Pontevedra, 1979
SANTOS CASTROVIEJO, Santiago: Historia da pesca e da salgazón. Vigo: Unipro, 1990
SOUTO GONZÁLEZ, José M.: Vigo: cen anos de historia urbana (1880-1980). Vigo: Xerais, 1990

- Capítulos en monografías
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: “O Sindicato de Agricultores de Teis na loita política no Concello de Lavadores (1904-1936)” En: O Sindicato de Agricultores de Teis. Teis (Vigo): Asociación Veciñal de Teis, 2000

- Artículos en publicaciones periódicas
ARTIAGA REGO, Aurora: “A resistencia do clero pontevedrés á desamortización de Madoz”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 6 (1990), pp. 135-146
COLECTIVO DE HISTORIA XERMINAL: “Loitas obreiras no Vigo dos anos trinta: o conflicto pesqueiro de 1932”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 4 (1988), pp. 109-132
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, Manuel: “Aproximación a la prostitución y su reglamento en Vigo durante el primer tercio del siglo XX”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año IV, nº 4 (1998). Pp. 69-86
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: “La estructura socioprofesional de la ciudad de Vigo en 1930”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año III, nº 3 (1997). Pp. 81-108
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel: “Política e goberno municipal no Concello de Lavadores”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año V, nº 5 (1999). Pp. 53-83
PANTOJA VILLAR, Juan Carlos: “El trabajo femenino en Vigo. 1910”. En: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses: Glaucopis. Año VII, nº 7 (2001). Pp. 173-188
VALLEJO POUSADA, Rafael: “A desamortización de rendas forais do clero regular na provincia de Pontevedra, 1836-1844”. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciales, nº 10 (1993), pp. 69-80



6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/05/2005 13:13
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/