[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 22 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da Provincia de Pontevedra



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Libro rexistro de liquidacións do imposto sobre dereitos reais
da oficina liquidadora do partido de Cambados. 1881-1882
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia de pontevedra
1.3. Datas 1874-1995
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 439 caixas, 659 libros e 115 metros lineais de documentación en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Caldas de Reis
- Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Cambados
- Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Lalín
- Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Redondela
- Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Tui
- Oficina liquidadora de distrito hipotecario de Vilagarcía de Arousa
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

As oficinas liquidadoras nacen polo Real decreto do 2 de novembro de 1861 polo que la liquidación del derecho de hipotecas correrá a cargo de las Administraciones de Hacienda y en los demás puntos en que radiquen los registros, incluso los puertos habilitados, al de los respectivos registradores. Ós rexistradores da propiedade de cada partido confírmanse como liquidadores-recadadores do imposto de traslacións de dominio mediante a Real orde do 15 de xuño de 1868, pasando a chamarse este imposto de dereitos reais e de trasmisión de bens a partir do 1 de xaneiro de 1873 (Real orde do 28 de decembro de 1872).

Posteriormente, as disposicións de 1900, 1901 e 1907 regulan a liquidación do imposto de transmisións e sucesións e as competencias das oficinas liquidadoras no que se refire á investigación de actos e contratos suxeitos a este. A Lei 11/1964, do 11 de xuño, de reforma do sistema tributario, divide este imposto en dous: imposto xeral sobre sucesións e imposto xeral sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados que se veñen mantendo ata hoxe.

A función de inspección destas oficinas corre a cargo da Avogacía do Estado ata a súa transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a Lei 31/1983, do 28 de decembro, de alcance e condicións da cesión de tributos do Estado, que determina a asunción, por delegación do Estado, da xestión, recadación, inspección e revisión, no seu caso, destes, de acordo co previsto na Lei Orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiación das comunidades autónomas.

Agás a de Vilagarcía de Arousa, todas xorden en 1861 dado que son cabeza de partido xudicial desde 1834 e, malia as alteracións que algunhas experimentaron neste sentido, nunca deixaron de existir como oficinas liquidadoras con sede nestas poboacións.

A oficina de Vilagarcía de Arousa, pola súa banda, nace a raíz da creación do Rexistro da Propiedade desta praza por segregación do de Cambados, mediante o Real decreto 1141/1984, do 23 de maio, polo que se modifica a demarcación rexistral. Desde entón exerce ditas funcións de xestión e liquidación dos impostos referidos abarcando os termos municipais de Vilagarcía, Vilanova e A Illa de Arousa.

2.3. Historia arquivística

O ingreso destes fondos documentais no Arquivo Histórico é recente. Desde novembro de 2001, mes no que chega a primeira transferencia procedente da oficina liquidadora de Cambados, entraron gradualmente ó longo dun período de tres anos que finaliza no mes de decembro de 2004.

Mentres, as oficinas liquidadoras de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Redondela e Tui fixeron unha soa transferencia dos seus fondos en novembro de 2002, febreiro de 2003, febreiro e decembro de 2004 respectivamente; a oficina de Cambados realizou unha segunda transferencia nos meses de febreiro e marzo de 2004, atopándose, hoxe, en proceso de organización e descrición xunto co fondo procedente de Redondela.

A oficina de Lalín, pola súa banda, formalizou dúas transferencias nos meses de xuño e de novembro de 2003 e unha terceira no pasado mes de outubro de 2004, estando, así mesmo, en proceso de organización e descrición.

Por último, atópase pendente de iniciar a súa organización o fondo documental da oficina liquidadora de Tui.

2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación componse de libros-rexistro, nos que se asentan os actos relativos á recepción dos documentos e autoliquidacións que conteñen feitos impoñibles gravados polo imposto de sucesións e doazóns e polo imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ó seu exame, liquidación e ingreso propios de cada un deles. Así como dos expedientes de comprobación de valores ó que puideran dar lugar e das autoliquidacións que se suceden ó longo do tempo.
A saber:
- Rexistros de entrada e saída de documentos
- Rexistros de presentación de documentos
- Rexistros de expedientes de comprobación
- Rexistros de autoliquidacións
- Rexistros de liquidacións correlativas, liquidacións complementarias e liquidacións caucionais
- Rexistros de liquidacións de documentos exentos e non suxeitos./Rexistros de exencións, bonificacións e non suxeicións
- Rexistros diarios de ingresos
- Rexistros de descubertos
- Rexistros de comunicacións
- Expedientes de comprobación de valores
- Autoliquidacións
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función das disponibilidades de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización

OFICINAS LIQUIDADORAS

Anos Caixas Libros M.L.
CALDAS DE REIS 1976-1990 86 38 --
CAMBADOS 1874-1994 199 406 24
LALÍN 1892-1993 94 109 32
REDONDELA 1927-1993 - 66 19
TUI 1971-1995 - 20 40
VILAGARCÍA DE AROUSA 1985-1994 60 20 -


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventarios


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/06/2005 14:22
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/