[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xunta de Protección de Menores



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Estadillo trimestral do Servizo de Hixiene Infantil. Sección Puericultura
da Xunta do Patronato da Casa da Caridade de Vigo. 1948.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xunta Provincial de Protección de Menores
1.3. Datas 1928 - 1989
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 95 caixas e 65 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xunta Provincial de Protección de Menores
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

En 1904 regulaméntase, a nivel nacional a Obra de Protección de Menores co fin de facer fronte ós problemas dos menores abandonados e/ou desatendidos e con condutas sociais delictivas, dirixida desde o Ministerio de Xustiza polo Consello Superior de Protección de Menores, constituíndo unha das súas seccións a de Asistencia Social, que desenvolvía as súas tarefas a través das Xuntas de Protección de Menores.

Leis posteriores aproban o texto refundido da lexislación de menores (Decreto do 2 de xullo de 1948) e modifican algúns dos seus artígos (Decreto 1480/1968, do 11 de xullo) concretándose a protección e especialmente a tutela de menores en: control sobre as amas de cría, coidado sobre a mendicidade e o traballo infantil, auxilio e asistencia ás nais, mellora das institucións de recollida e educación de nenos necesitados e fomento/creación de escolas.

En 1948 o seu presidente nato é o gobernador civil, pero o efectivo é o presidente da Audiencia.

Co traspaso de transferencias destas competencias á Xunta, en xeral, as súas funcións de protección e defensa do menor son asumidas en 1986 pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais, estando actualmente exercidas pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2.3. Historia arquivística A documentación sobre este fondo transferiuse a este Arquivo desde a Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, con sede en Vigo, no ano 1993 pero, debido a obras de remodelación do edificio do arquivo, a súa intervención arquivística pospúxose ata 1994. Chegou en bo estado, na súa maior parte en caixas de tamaño diverso.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O maior volume de documentación está formado polos “Expedientes de protección de menores” de toda a provincia, aparecendo ordenanos numericamente. Neles faise un seguimento do menor protexido, desde a solicitude (por parte dos seus familiares, o Tribunal Tutelar de Menores ou algunha outra institución) de acollemento pola Xunta e o seu paso polas súas residencias dependentes, ata que os menores deixan de estar vinculados a ela, ben porque volven cos seus familiares, ben porque alcanzan a idade máxima permitida. En relación con estes expedientes, está a correspondencia entre a Xunta Provincial e os distintos colexios/residencias que acollen a menores, recibindo por iso unha subvención, así como as contas de gastos enviadas por estes colexios/residencias. É significativo o volume de documentos contables da Xunta Provincial.

Existe, ademais, documentación específica sobre a Xunta Local de Protección de Menores de Vigo.

Por outro lado, hai documentos, principalmente tras a asunción destas competencias por parte da Xunta de Galicia, englobados como “Sección de Protección ó Menor e á Muller”, correspondentes ó fondo da Xunta Provincial de Protección á Muller, que completa esta documentación.

Aparecen series continuadas desde os anos 40 ata 1988.

As caixas presentan unha ordenación numérica provisional.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos
3.4. Organización

Xunta Provincial de Protección de Menores

Secretaría. 1928- 1985
*Libros
Actas da Xunta.
Rexistro de entrada e saída de correspondencia.
Rexistro de entrada de correspondencia.
Rexistro de saída de correspondencia.
Rexistro de espectáculos.
Rexistro de expedientes de inspección.
*Caixas
Circulares do Consello Superior de Protección de Menores.
Correspondencia da Mutualidade de funcionarios de protección de menores.
Correspondencia relativa ó persoal
Expedientes de institucións dependentes da Xunta.
Correspondencia sobre ingresos en centros de menores procedentes do Tribunal Tutelar de Menores.
Fichas de menores protexidos pola Xunta.
Telegramas do Consello Superior sobre persoal.
Estatísticas anuais de menores atendidos pola Xunta.
Expedientes de solicitude de adopción.

Tesourería. 1943-1988
*Libros
Auxiliar de caixa.
Rexistro de pagamento do imposto sobre espectáculos.
Contas correntes de locais de espectáculos.
Rexistro de declaracións.
Rexistro de nóminas do persoal da Xunta.
Contas correntes co Banco de España
Balances.
Diario de ingresos en contas correntes do Banco Simeón.
Diario de gastos.
*Caixas
Nóminas do persoal da Xunta.
Recibos e facturas de gastos.
Recibos e facturas de gastos da Xunta e nóminas de estanza de menores en centros colaboradores.
“Cargaremes.”
Libramentos Relacións de declaracións do imposto do 5% sobre espectáculos.
Correspondencia.
Correspondencia da Xunta con centros de acollida sobre pagamentos de estanza.
Correspondencia co Consello Superior de Protección de Menores sobre temas económicos.
Certificacións de ingresos polo imposto sobre espectáculos públicos.
Relación de cantidades recadadas polo imposto do 5% sobre espectáculos públicos.
Orzamentos da Xunta.
Relación de certificacións de descuberto.
Certificacións.
Follas de liquidación de cotas da Mutualidade de funcionarios e recibos de pensionistas.
Libros de desenvolvemento do orzamento de ingresos e astos.
Contas trimestrais de ingresos e gastos e relacións de ingresos e gastos.
Resgardos de transferencias bancarias.
Comunicacións do Consello Superior de Menores sobre remisión de fondos para pagamentos de nóminas.
Declaracións de retencións do IRPF.
Contas anuais e estados mensuais.
Actas de arqueo.Orzamentos da Xunta.
Contas de estanzas de alumnos no C. I. Príncipe Felipe por conta da Xunta de Menores.
Rexistro de expedientes de inspección remitidas para intervención do Consello Superior de Menores.
Notificacións de créditos orzamentarios.
Expedientes sobre adquisición de taladros.
Informe sobre a Obra de Protección de Menores.
Expedientes de obras sobre a reconstrución do centro “Avelino Montero”.
Proxecto de execución de reforma do centro de Mourente-Pontevedra

Sección de Puericultura. 1941-1975*Caixas
Estadillos trimestrais do Servizo de Hixiene Infantil.
Expedientes de nenos atendidos.

Sección de Asistencia Social. 1934-1987*Caixas
Expedientes de protección de menores.
Expedientes de protección de menores (baixas).
Expedientes de solicitude de protección denegada.
Expedientes de intercambio de nenos.
Rexistro de solicitudes de protección.

Xunta Local de Vigo. 1932-1945*Libros
Actas.
Rexistro de entrada de correspondencia.
Contas correntes co Banco de España.
Auxiliar de Caixa

Deputación Provincial. 1947-1985*Caixas
Expedientes de solicitude de adopción.

Delegación Cª Presidencia – Sección Protección de Menores. 1982- 1987*Caixas
Correspondencia sobre ingresos en centros de menores dependentes.
Correspondencia coa D. X. de Xustiza e Gobernación.
Relación de menores dependentes do Tribunal Tutelar. Altas e baixas.
Correspondencia co Consello Superior de Protección de Menores sobre temas económicos.
Recibos e facturas de gastos da Xunta.
Contas de estanzas de alumnos no C.I. Príncipe Felipe por conta da Xunta de Menores.
Proxecto de orzamento para 1986 e memoria 1985
.Orzamentos para servizo de limpeza do centro “Avelino Montero”.

Delegación Cª Presidencia/Traballo – Sección Protección de Menores. 1984- 1989*Caixas
Correspondencia sobre altas e baixas de menores en centros dependentes.
Libros de desenvolvemento do orzamento de ingresos e gastos.
Contas trimestrais de ingresos e pagamentos.
Nóminas de estanzas de menores en centros de menores por conta do Tribunal Tutelar.
Ordes de pagamento e transferencias a xustificar.
Resgardos de transferencias bancarias.
Contas de xustificación de libramentos.
Relacións de alumnos con dereito a prestación económica escolar e xustificantes de gastos ocasionais.
Orzamentos dos colexios “Fogar San Pelayo” e “El Seijo”.
Inventario e acta de entrega de mobiliario e material inventariable tansferido á Xunta de Galicia.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 –febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/06/2005 09:50
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/