[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Xefatura Provincial do Movemento



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Plan de Acción Política. 2º semestre de 1958.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Xefatura Provincial do Movemento
1.3. Datas [F] 1932-1972
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 370 caixas e 76 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Xefatura Provincial do Movemento
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

De acordo co Decreto de Unificación do 19 de abril, en 1937 nace a Falange Española Tradicionalista de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET de las JONS) como partido único despois da unión de Comunión Tradicionalista e Falange Española de las JONS. Esta forza política resultante foi coñecida, tamén, como Movemento Nacional, chegando a superar o concepto de mero partido político para constituír a columna vertebral do Estado.

Dotado dos seus primeiros estatutos o 4 de agosto dese ano, foron reformadas e aprobadas as súas modificacións mediante o Decreto do 31 de xullo de 1939. Nel contémplanse, como órganos provinciais do Movemento, o xefe provincial, máxima autoridade política da provincia, cuxo posto foi desempeñado na práctica polo gobernador civil, o secretario, o tesoureiro, os delegados provinciais de servizos e o xefe provincial de Milicias.

Despois de estruturarse no Decreto do 20 de xullo de 1957 os servizos da Secretaría Xeral do Movemento, acométese, dous anos máis tarde, a refundición de todas as disposicións dictadas ata o momento relativas á organización territorial do Movemento. A Orde do 1 de decembro de 1959 aprobando o regulamento de organización e funcionamento das xefaturas provinciais e locais deixou establecidas a súa estrutura orgánica, funcións e competencias.

Aínda que a Secretaría Xeral experimenta un novo cambio na súa estrutura sancionado polo Decreto 15/1970, do 5 de xaneiro, as xefaturas provinciais non se ven afectadas, xa que logo o seu regulamento seguirá en vigor ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, sobre reestruturación dos órganos dependentes do consello nacional e novo réxime xurídico das asociacións, funcionarios e patrimonio do movemento.

2.3. Historia arquivística Recollido, no seu día, polo Goberno Civil, diversas circunstancias determinaron que este fondo documental se transferise, na década dos anos 80 do século XX, polo Arquivo da Deputación. Aínda que non existen documentos que o testemuñen, todo fai pensar que sufriu bastantes avatares ata a súa permanencia definitiva neste Arquivo Histórico.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Só se atopa inventariada unha pequena parte da documentación relativa, na súa maioría, a procesos electorais, expedientes persoais de afiliados, autoridades ..., correspondencia, etc.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado por tratarse dunha institución suprimida
3.4. Organización En proceso de organización e descrición


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas - Delegación Provincial de Auxilio Social
- Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes
- Delegación Provincial da Sección Feminina
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Octubre 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2005 09:43
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/