[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Libro rexistro nº 1 do Campamento "Paco Leis" de
Vilanova de Arousa. Quenda 1ª. 1964
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes
1.3. Datas 1945-1977
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 235 libros en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor - Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes
- Delegación Provincial de Xuventudes
- Delegación Provincial da Xuventude
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Fronte de Xuventudes institúese pola Lei do 6 de decembro de 1940 para a formación e encadramento das forzas xuvenís de España, organizándose como unha sección de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. A súa finalidade era de proporcionarlle á xuventude unha educación política, física e deportiva, cultural, moral, social e relixiosa de acordo co Réxime. Para iso, a nivel provincial, estableceuse un delegado que designaba a un secretario e a un administrador.

En 1961, polo Decreto 2223/61, do 16 de novembro, ordénase a Delegación Nacional de Xuventudes como o órgano encargado polo Estado da educación cívica, política e física dos españois homes menores de vinte e un anos, e a orientación, coordinación e protección das iniciativas e actividades extraescolares da xuventude en réxime de organización e asociación. Atendendo ó cumprimento destas dúas líñas de actuación, queda estruturada en dúas grandes seccións: Sección de Ensinanzas e Sección Xuvenil. As delegacións provinciais viron modificada a súa organización en 1962 quedando, o mesmo cá Nacional, divididas en dúas Seccións.

Xa en 1970, o Decreto 2485/70, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, establece a estrutura orgánica da Delegación Nacional da Xuventude nunha Secretaría Nacional, un Gabinete Técnico e 5 departamentos (Coordinación, Servizos á Xuventude, Formación, Participación, Económico-Administrativo) co seu equivalente a nivel provincial.

Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependentes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social, é transferida á administración pública. Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría da Familia, Xuventude e Deporte, baixo a dirección do Ministerio da Presidencia, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral da Xuventude. Estableceuse, así mesmo, mediante este decreto, a creación das delegacións de Familia, Xuventude e Deporte. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.

2.3. Historia arquivística Esta documentación ingresou no Arquivo en 1988, mesturada coa da Delegación Provincial da Sección Feminina e a das delegacións comarcais da organización sindical, procedente do soto da Delegación Provincial de Cultura da Xunta de Galicia.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Destacan, entre as series deste fondo, as relativas ás inspeccións e visitas a campamentos, as memorias xerais de actividades deportivas e os rexistros regulamentarios de sanidade. A súa función puramente administrativa, pola súa banda, materialízase nos libros maiores de caixa e os libros de ingresos, pagos e de operacións bancarias, entre outros.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado por tratarse dunha institución suprimida
3.4. Organización En proceso de organización e descrición


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas Xefatura Provincial do Movemento
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004-febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/06/2005 09:52
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/