[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Delegación Provincial do Ministerio de Traballo



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Expediente de reestruturación do cadro de persoal
de Benito Malvar S.A. Construcciones. 1976
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Delegación Provincial do Ministerio de Traballo
1.3. Datas 1969-1985
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 691 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor -Delegación Provincial de Traballo
-Dirección Provincial de Traballo e Seguridade Social
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O Ministerio de Traballo foi creado polo Real decreto do 8 de maio de 1920, aínda que, dous anos máis tarde, se reorganiza acumulando os servizos referentes á industria e ó comercio, pasando a denominarse no sucesivo, segundo o Real decreto do 20 de febreiro de 1922, Ministerio de Traballo, Comercio e Industria.

En novembro de 1928 e no contexto das reformas introducidas na Ditadura de Primo de Rivera situamos o cambio de denominación deste ministerio polo de Ministerio de Traballo e Previsión.

Xa na II República sufrirá diversas modificacións. Ó transferirse os servizos da Subsecretaría de Sanidade e Beneficencia do Ministerio da Gobernación a este Ministerio polo Decreto do 25 de decembro de 1933, transfórmase en Ministerio de Traballo, Sanidade e Previsión. Despois, en 1935, como consecuencia da Lei de restricións, procédese a refundir o Ministerio de Xustiza e o de Traballo no Ministerio de Traballo, Xustiza e Sanidade. Pero a reforma resulta un fracaso e así o Decreto do 19 de febreiro de 1936 dispón que ese ministerio se divida en dous, denominándose Ministerio de Xustiza e Ministerio de Traballo, Sanidade e Previsión.

Pouco despois o Decreto do 4 de novembro de 1936 dispón que este último ministerio se divida, á súa vez, noutros dous: Ministerio de Traballo e Previsión e Ministerio de Sanidade. Polo Decreto do 17 de maio de 1937, dispoñendo unha nova denominación dos departamentos ministeriais, intégranse os servizos do Ministerio de Traballo e Previsión e os de Asistencia Social no Ministerio de Traballo e Asistencia Social.

Durante o réxime franquista, pola Lei do 30 de xaneiro de 1938, organizando a Administración Central do Estado, créase o Ministerio de Organización e Acción Sindical, no que se engloban as funcións en materia de traballo, pero, pouco despois, coa Lei do 8 de agosto de 1939, modificando esta organización, créase o Ministerio de Traballo comprendendo as direccións xerais de traballo, de xurisdición do traballo, de previsión e de estatística. Todos os asuntos relacionados coas actividades sindicais pasan a depender do Servizo de Sindicatos de FET y de las JONS.

Esta acepción xenérica de Traballo permanecerá coa Democracia ata o ano 1981. Nese ano reestrutúranse os órganos da Administración Central do Estado polo Real decreto 325/1981, do 6 de marzo, fusionando os ministerios de Traballo e de Sanidade e Seguridade Social nun: o Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social. Non obstante, ese mesmo ano, e polo Real decreto 2823/1981, do 27 de novembro, despréndense as competencias de sanidade quedando conformado definitivamente como Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

A nivel periférico as delegacións provinciais de Traballo créanse pola Lei do 13 de maio de 1932, suprimindo as delegacións rexionais e as inspeccións rexionais de Traballo. O Decreto do 12 de outubro de 1935, modificando a lei e o regulamento de 1932 para a reorganización das delegacións provinciais de Traballo, clasifica a provincia de Pontevedra como de terceira categoría. Pero a Lei do 29 de marzo de 1941 reorganiza estas delegacións atribuíndolle xurisdición rexional, aínda que outra lei, a do 10 de novembro de 1942, restablece as delegacións provinciais con xurisdición provincial, clasificando a de Pontevedra como de segunda categoría. Xa en 1981 o Real decreto 3316/1981, do 29 de decembro, sobre adaptación da estrutura periférica do Ministerio de Traballo e Seguridade Social ó Real decreto 1801/1981, do 24 de xullo, establece que as dependencias periféricas de ámbito provincial deste ministerio se integrarán nunha Dirección denominada Dirección Provincial de Traballo e Seguridade Social. Baixo a autoridade do gobernador civil, estas direccións provinciais estarán integradas nos gobernos civís respectivos e dependerán orgánica e funcionalmente do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, cuxa competencia asumirán no ámbito territorial correspondente.

2.3. Historia arquivística Esta documentación conservábase no arquivo da Dirección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra en Vigo transferíndose a este Arquivo Histórico, procedente daquel, en novembro de 1988 e outubro de 1991.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Neste fondo ímonos atopar con diversas series relacionadas con esta materia de grande importancia. Así, entre outras, en Secretaría Xeral temos partes de accidentes. En Inspección de Traballo, incidencias laborais. En Ordenación Laboral actividades económicas, clasificación profesional, autorizacións, reestruturacións de cadros de persoal. En Sancións apremios, estatísticas mensuais, insolvencias, liquidacións, requirimentos, sancións. En Empleo contratos de traballo, expedientes de regulación de emprego, xustificantes de inscrición, permisos de traballo, estatísticas. En Emigración axuda a emigrantes retornados.
3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Prevense novas transferencias en función da dispoñibilidade de espazo do Arquivo Histórico.
3.4. Organización Clasificación orgánico-funcional e ordenación cronolóxica das series.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán, manuscrito e mecanografado
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/06/2005 14:23
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/