[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Hospital de San Juan de Dios



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Libro de enfermos, hombres y mujeres, de solegnidad.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título Hospital de San Juan de Dios
1.3. Datas 1609-1929
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 14 caixas en soporte papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Hospital de San Juan de Dios
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Foi fundado no 1439 por Teresa Pérez Fiota. Nun principio denominouse Corpo de Deus, pasando máis tarde a chamarse Hospital de Corpus Christi. A institución foi levada polos Irmáns de San Juan de Dios ata o século XIX.

Pola Real orde do 2 de outubro de 1836 pasa a depender da Xunta de Beneficencia. O 20 de xuño de 1849 clasifícase como municipal.

O deterioro deste hospital presenta a necesidade dunha nova construción que comeza en 1893 e remata catro anos máis tarde, comezando a funcionar o 15 de decembro de 1897 co traslado dos primeiros pacientes.Pola Real orde do 1 de agosto de 1928 pasa a depender da Deputación Provincial.

2.3. Historia arquivística Ingresaron o 30 de abril de 1942, procedented do desván do Hospital Provincial.
2.4. Forma de ingreso Transferencia


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Memorias; rexistros de entradas e saídas e defuncións; libros rexistro de donativos; libros de gastos; orzamentos xerais, relacións de débedas; inventario dos documentos existentes no Arquivo do Hospital; etc.
3.2. Valoración, selección e eliminación Conservación permanente
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán e galego
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Catálogo.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas

Hai documentación relacionada no Fondo Concello de Pontevedra neste Arquivo.

A documentación posterior do Hospital Provincial está no Arquivo Histórico Provincial da Deputación.

5.4. Nota de publicacións DÍAS LEMAS, Antonio: Historia do Hospital de Pontevedra. 1890-1955. Deputación de Pontevedra


6. Área de notas
6.1. Notas Unha copia do testamento de Teresa Pérez Fiota aparece nunha executoria de 1609.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004- febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/06/2005 13:41
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/