[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Familia Baeza Buceta



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Portada do "Libro para cobrar la renta de D. Alexandro
Taboada y Camba como marido de Dª Teresa Mª de Saravia y
Horcasitas que se empezó a cobrar en el año de 1756".
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título FAMILIA BAEZA BUCETA
1.3. Datas 1577-1920
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 7 caixas en formato papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Baeza Buceta
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
2.3. Historia arquivística Esta documentación forma parte dos fondos deste Arquivo sen que consten datos nin da súa entrada nin da forma de ingreso.
2.4. Forma de ingreso


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Documentación que abarca de 1577 a 1920, pertencente a catro familias estreitamente ligadas:

- Baeza.- Principalmente documentos de Joaquín Baeza, avogado, deputado á Cortes polo Partido Progresista a mediados do século XIX e con intereses comerciais e empresariais.
- Buceta.- Documentos pertencentes a José e Joaquín Buceta Solla, especialmente deste último que foi procurador dos Xulgados de Pontevedra.
- Saravia.- Documentación de José Antonio Saravia Horcasitas e Fernando Saravia Zuazo, relativa a propiedades e á súa administración, que abarcan desde o século XVI.
- García.- Documentos relativos a José Manuel García, notario de Pontevedra, o seu fillo José Benito García Limeses, director de Camiños Veciñais do partido de Pontevedra, e a súa neta Regina García Sancho, propietaria dun establecemento de baños en Cuntis.

A finais do seculo XIX prodúcese a fusión definitiva das catro familias polo matrimonio de Fernando Baeza Saravia (xuíz de Vilalba, Valdeorras e Pontecaldelas) con Dolores Buceta García, cuxos descendentes acumularon toda a documentación e a remitiron a este Arquivo.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización

FAMILIA BAEZA BUCETA

1. Documentos funcionais (1577-1900).
1.3-Documentos patrimoniais (1577-1900).
1.3.1-Documentos constitutivos de títulos de propiedade (1577-1889)
- Baeza Saravia (1577-1862).
- Buceta García Sancho (1793-1889).
1.3.2- Documentos de administración da propiedade (1733-1900)
- Baeza Saravia (1732-1883)
- Buceta García Sancho (1821-1900).
1.5-Arquivos individuais (1812-1920).
1.5.1- Documentos persoais (1856-1920).
- Joaquín Baeza (1856-1871)
- José Buceta Solla (1859-1868).
- Fernando Baeza Saravia (1918-1920).
1.5.2- Documentos de función (1812-1912).
1.5.2.1- De función pública (1812-1900)
- Javier Saravia Zuazo (1812-1856)
- José M. García (1817-1856)
- José B. García Limeses (1850-1854).
- Joaquín Baeza (186?-1881).
- Joaquín Baeza Solla (1860-1910).
- Fernando Baeza Saravia (1903-1912).
1.5.2.2-De función privada (1864-1897)
- Joaquín Buceta Solla (1864-1897)
- Joaquín Baeza (1876-1878).
Organízanse, en xeral, cronoloxicamente e por apelidos.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 - febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 13:30
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/