[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 27 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Fondo Rafael Picó Cañeque



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Plano de situación do proxecto de peirao de servizo na zona M.T. de
Domaio, ría de Vigo, solicitado polo concello de Moaña. 1927.
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.AHPPO.36038
1.2. Título PICÓ CAÑEQUE, Rafael
1.3. Datas 1889-1958
1.4. Nivel de descrición Fondo
1.5. Volume e soporte 51 caixas e 10 planos en formato papel


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Picó Cañeque, Rafael (1895-1984)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Arquivo privado de D. Rafael Picó Cañeque, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos , nacido en Uceda (Guadalaxara) en 1895. Realizou os estudos na Escola de Madrid e tivo o seu destino laboral na Xunta de Obras do Porto de Pontevedra entre 1921 e 1951. Foi presidente da Deputación Provincial de 1942 a 1948. Exerceu como inspector xeral de Portos da 16 Demarcación ata a súa xubilación en 1965. Seguiu traballando na empresa privada ata 1980. Faleceu o 20 de novembro de 1984.
2.3. Historia arquivística Esta documentación é doada polo seu fillo en 1995 para a súa conservación neste Arquivo Histórico Provincial.
2.4. Forma de ingreso Doazón de Rafael Picó Pazos


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A documentación doada reflicte a actividade profesional privada do Sr. Picó Cañeque como enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Son principalmente documentos persoais e de función, onde o groso da documentación se centra nos proxectos tramitados por el como enxeñeiro xefe da Xunta de Obras do Porto. O resto dos documentos son series curtas ou soltos. A ordeación fíxose seguindo o esquema para arquivos familiares realizada por Olga Gallego Domínguez (Manual de arquivos familiares. Anabad, 1993), de forma cronolóxica. A súa cronoloxía abarca desde finais do s. XIX deica 1958, sendo significativo o período comprendido entre 1911 e 1951.

Aínda que o fondo reflicte soamente a súa actividade profesional privada, é importante polo papel que o Sr. Picó Cañeque desempeñou na sociedade pontevedresa da súa época.

3.2. Valoración, selección e eliminación
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización

PICÓ CAÑEQUE, Rafael

1. Documentos funcionais (1902-1958).
1.1 – Documentos de organización (1902-1948).
1.5 – Documentos individuais.
1.5.1- Documentos persoais (1931-1954).
1.5.2- Documentos de función pública (1907-1958).
Documentos de función privada (1889-1958).


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Acceso libre, agás as restricións contempladas no art. 51.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
4.2. Condición de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición Inventario


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais
5.2. Existencia e localización de copias
5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións


6. Área de notas
6.1. Notas 3.1.- Documentos de carácter bibliotecario (libros, revistas e folletos): 215 rexistros, de temática variada (obras públicas, vivendas, arquitectura civil e relixiosa, fauna, flora, pesca, forestal, agricultura, gandería e literatura española) e en diversos idiomas (castelán, alemán e francés).


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra baixo a dirección de Mª. Dolores Barahona Riber.
7.2. Regras ou normas ISAD (G), 2ª ed.
7.3. Data da descripción Outubro 2004 – Febreiro 2005

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/06/2005 13:02
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/