[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 17 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Coleccións documentais da Fundación Penzol



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Carta de outorgamento en galego.1325
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36055.AFP
1.2. Título Arquivo da Fundación Penzol (Vigo)
1.3. Datas 1135-2002
1.4. Nivel de descrición Grupo de fondos
1.5. Volume e soporte 93,78 ml aprox. (589 unidades de instalación; 54 documentos cartográficos; 106 libros manuscritos)


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor

O núcleo do arquivo da Fundación Penzol constitúeo a doazón de Fermín Luis Fernández Penzol- Labandera dos documentos soltos ou en lotes que foi mercando cando saían á venda en calquera parte da xeografía española.

Achegas posteriores importantes foron as do propio Penzol e as dos membros do Padroado da Fundación, así como as de numerosos particulares e institucións simpatizantes.

2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

Fermín Penzol (1901-1981) naceu en Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. A lectura dun número de O tío Marcos da Portela, na súa etapa universitaria, esperta nel o sentimento galeguista. Contemporáneo e amigo de moitos escritores galegos, militante activo do nacionalismo galego, formou un conxunto bibliográfico e documental tan valioso e importante para a cultura galega que sentiu a necesidade de artellar algún medio para poñelo ó servizo desta. Con este fin crea a Fundación Penzol en virtude da escritura notarial do 7 de abril de 1963 onde se formaliza a doazón de Fermín dos libros, documentos e revistas da súa propiedade.

Os fondos documentais proceden ademais doutras doazóns, depósitos e legados realizados por institucións e particulares. Salientando pola súa importancia e volume o legado de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – Trasalba-Amoeiro, 1976). Figura cume da literatura galega, autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática. Membro destacado da Xeración Nós, entregado á causa galeguista, foi catedrático de Xeografía e Historia de Ensino Medio e catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago. Legou todos os seus manuscritos das súas obras e os seus documentos persoais e familiares.

2.3. Historia arquivística

Tras a creación da Fundación Penzol, o seu arquivo e biblioteca instalánse nos locais da sala de xuntas da antiga Caixa de Aforros Municipal de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 24, de Vigo.

Dende o ano 1985 a Fundación Penzol, mercé ó convenio asinado co Concello de Vigo, trasládase cos seus fondos ós locais moito máis amplos da Casa Galega da Cultura de Vigo, na praza da Princesa, nº 2, cun horario de apertura ó público de 9,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas (do 16 de setembro ó 14 de xuño) e 9,00 a 14,00 horas (do 15 de xuño ó 15 de setembro).

A organización inicial e máis completa deste arquivo débese á colaboración desinteresada dos arquiveiros Olga Gallego Domínguez e Pedro López Gómez, ata aproximadamente o ano 1990. Deixaron un inventario manual de boa parte do fondo, no que non estaba incluído o fondo de Ramón Otero Pedrayo.

A organización completa e a informatización están aínda pendentes pola falla de persoal específico. A dedicación do persoal bibliotecario está a suplir, na súa medida, as tarefas dos arquiveiros/as. Dende 2004 estase a desenvolver principalmente a organización do Fondo Ramón Otero Pedrayo grazas á colaboración de persoal contratado pola Deputación Provincial de Pontevedra, mediante un convenio asinado coa Fundación Penzol. As tres persoas contratadas durante un ano deixarán ultimada a organización deste valioso fondo, baixo a dirección da técnico da Casa Galega da Cultura, Ángeles Vidal Fraile.

2.4. Forma de ingreso

A principal forma de ingreso foi a doazón inicial e sucesivas de Fermín Penzol.

Outras formas de ingreso:

Doazóns: de Unión do Pobo Galego, Esquerda Galega, Coloquios Galegos de Cristiáns, Asociación de Veciños Vigo-Oeste, Editorial Galaxia, Ramón Martínez López, Xaime Isla Couto.

Legados: de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Rodrígues Lapa, Carlos Velo, Xoán Vicente Viqueira, Ramón Piñeiro.

Depósitos: Coloquios Galegos de Cristiáns



3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O arquivo está formado por coleccións de procedencias diversas, aínda que referentes á historia e cultura galegas, e non homoxéneas. O seu interese radica en servir de fonte histórica complementaria ás outras fontes históricas galegas tradicionais existentes nos arquivos estatais, da Administración local, da igrexa, etc.

Os fondos documentais están integrados por: fondos de carácter orgánico e por coleccións documentais especiais. Nos primeiros hai algúns fondos de carácter público, xudicial, notarial, da Administración central, da Administración local, da Igrexa, así como fondos privados.

Sen dúbida o núcleo máis importante e voluminoso que posúe a Fundación está formado polos arquivos familiares propiamente ditos e os unipersonais. Os primerios proceden de casas nobres, familias principais con documentos persoais, xenealóxicos, patrimoniais, señoriais, de función e científico-literarios. Sen dúbida os de máis valor e contía son os da familia Arias Teixeiro, os do marquesado de Vilagarcía. Os fondos unipersonais son de personaxes que foron protagonistas da vida cultural e pública galega, así como os xa mencionados de Ramón Otero Pedrayo.

En canto ás coleccións especiais documentais teñen especial importancia as seguintes:

Colección de diplomas:
A máis importante polo seu número e antigüidade está integrada por diplomas en pergamiño, dende a idade media ó século XIX.

Colección “A”:
Formada por tres álbumes de cartas, poesías, etc., orixinais de escritores e intelectuais galegos.

Colección “B”:
Con documentos soltos, sobre todo galegos, en papel e pergamiño que datan da época medieval e dos séculos XV ó XIX.

Colección cartográfica:
Composta por mapas, cartas náuticas e planos de Galicia, con abondosos exemplares do século XVIII e XIX.

3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún proceso de expurgo.
3.3. Novos ingresos

O último ingreso está formado polos libros, papeis, documentos e efectos integrantes do gabinete de traballo de Ramón Piñeiro.

O acordo de "cesión de uso'' foi asinado polos herdeiros do insigne galeguista e polo vicepresidente e secretario da fundación, Alfonso Zulueta de Haz e Antón Vidal Andión, respectivamente, e inclúe o compromiso de reconstruír na Biblioteca Penzol o gabinete de traballo do pensador e político galego.

Os representantes da Fundación destacaron ademais o feito de que o legado recibido encaixa perfectamente no labor de investigación que a institución vén propiciando e levando a cabo.

3.4. Organización

Os fondos do Arquivo, aínda que pendentes dunha completa organización, atópanse individualizados.

A clasificación e ordenación deste arquivo realizouse cos criterios e normas arquivísticas aplicadas polos arquiveiros Olga Gallego e Pedro López. Esta clasificación, ao se aplicar a uns documentos de procedencia tan variada, resulta complexa, ademais de se enriquecer con novos ingresos.

Presentamos de seguido un esquema resumido de dito cadro de clasificación.

1. FONDOS DE ORIXE PÚBLICA

1.1. Notariais (1464-1752)
2 unidades de instalación.

· Gómez Fernández, Santiago (Santiago de Compostela)
· Lerma, Francisco (Santiago de Compostela)
· García do Sixto, Alonso (Pontevedra)
· López Caneda, Diego (Vilagarcía)
· Becerra de Caamaño (Vilagarcía)
· Vázquez, Domingo (A Coruña)
· Ferreiro, Domingo

1.2. Xudiciais (1600-1931)
9 unidades de instalación.

Real Audiencia de Galicia; Audiencia Territorial da Coruña; Xulgado de Instituto e Xulgado núm. 1 da Coruña; Xulgados de Primeira Instancia de Ordes, Lugo, Becerreá, Monforte de Lemos, A Fonsagrada, O Barco de Valdeorras, Ponteareas, Vigo; Xulgados de Noia, Negreira; Xulgado Municipal de Distrito da Audiencia da Coruña.

1.3. Administración local (1612-1936)
5 unidades de instalación.

Deputacións da Coruña, Lugo; concellos do Val de Lorenzana, Pontevedra e Santiago de Compostela.

1.4. Administración central (1752-1936)
2 unidades de instalación.

Facenda, Obras Públicas, Mariña, Goberno Civil, Exército.

2. FONDOS DE ORIXE PRIVADA E SEMIPÚBLICA

2.1. Arquivos familiares

2.1.1. Familiares en sentido estrito

· Fondo Arias Teixeiro (1700-1954)
48 unidades de instalación.

· Fondo López Ballesteros (1804-1874)
1 unidade de instalación.

· Fondo da Casa de Brión (en Leiro) (1632-1928)
4 unidades de instalación.

· Fondo do Marqués de Castelar e de la Sierra (1501-1652)
1 unidade de instalación.

· Fondo da Casa dos Marqueses de Figueroa (1500-1912)
8 libros e 1 legaxo.

· Fondo dos “menores” señores de Izquierdo (1895)
1 libro.

· Fondo Maza (1501-1896)
15 unidades de instalación.

· Fondo Rodríguez Iriarte (1563-1867)
11 unidades de instalación.

· Fondo Ron y Jaspe (1500-1900)
9 unidades de instalación.

· Fondo Urioste ou Uriarte (1856-1913)
1 legaxo.

· Fondo da Casa dos Marqueses de Vilagarcía (1328-1924)
23 unidades de instalación.

· Fondo Vázquez (1611-1888)
2 unidades de instalación.

· Fondo Marqueses de Almazara (1802-1899)
1 unidade de instalación.

· Fondo de la Fuente (1802-1899)
1 unidade de instalación.

· Fondo Lens Vieira (1852-1911)
1 unidade de instalación.

· Fondo Ferreiro Abenete (1595-1809)
1 unidade de instalación.

· Fondo Conde de Ramirás (1836-1914)
1 unidade de instalación.

· Fondo Ferreiro (1603-1906)
1 unidade de instalación.

· Fondo Casa de Bacelo (1670-1738)
1 unidade de instalación.

· Fondo Brión y Botana (1678-1868)
4 unidades de instalación.

· Fondo Aguiar y Caamaño (1576-1841)
1 unidade de instalación.

· Fondo Cadaval (s. XVIII-XX)
10 unidades de instalación.

2.1.2. Unipersonais

· Isla Couto, Xaime (1931-1966)
1 unidade de instalación.

· Fernández Gil y Casal, Juan (1866-1930)
5 unidades de instalación.

· García Bodaño (Colección) (1903-1932)
1 unidade de instalación.

- Basillio Álvarez

- Confederación rexional de agricultores

- Colección de impresos sobre “movimientos políticos sociales gallegos”

· Lapa, Manuel Rodrígues (1715-1984)
21 unidades de instalación.

· Leiras Pulpeiro, Manuel (1905-1921)
½ unidade de instalación.

· López Ferreiro, Antonio (1474-1918)
½ unidade de instalación.

· Otero Pedrayo, Ramón (1535-2005)
147 unidades de instalación.

· Portela Valladares, Manuel (1948)
1 unidade de instalación.

· Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel (1938-1975)
3 unidades de instalación.

· Rodríguez González, Eladio (1829-1946)
4 unidades de instalación.

· Tettamancy, Francisco (1869-1926)
½ unidade de instalación.

· Vázquez Méndez, Fernando (1926-1940)
½ unidade de instalación.

· Villar Ponte, Ramón (1818-1956)
9 unidades de instalación.

· Viqueira, Xohán Vicente (1911-1922)
33 unidades de instalación.

2.2. Asociacións

· Cámara Oficial da Propiedade urbana de Santiago (1927)
1 libro.

· Cofradía de Santa María “dos mercadores da cidade do Apósotolo Santiago” (1481-1607)
1 libro.

· Liceo Casino de Pontevedra (1543-1864)
2 expedientes.

· Junta Apolínea de Santiago (1833)
1 expediente.

· Irmandade Galeguista do Uruguay (1934)
1 libro.

· Grupo Galeguista de Ribadeo (1935-1936)
1 libro.

· Asociación de Veciños Vigo Oeste (1975-1984)
12 unidades de instalación.

· Unión do Pobo Galego (1967-1982)
3 unidades de instalación.

· Esquerda Galega (1977-1993)
4 unidades de instalación.

· Coloquio Galego de Cristiáns (1966-1987)
1 unidade de instalación.

2.3. Empresas

· Real Compañía Marítima (1775-1803)
1 expediente.

· Empresa de la Carretera de Ferrol a Rávade (1851-1852)
1 expediente.

· Banco Urquijo Vascongado (1543-1931)
2 expedientes.

· Galaxia (1951-1970)
33 unidades de instalación.

· Gran Enciclopedia Gallega (1973)
17 unidades de instalación.

· Severiano Sánchez López (1918-1928)
1 libro.

· Domingo de Orueta (1907-1908)
1 libro.

2.4. Arquivos relixiosos

2.4.1. Clero secular
9 unidades de instalación.

· Diocese de Lugo (1473-1789)
· Diocese de Mondoñedo (1754-1853)
· Diocese de Tui (1555-1585)
· Cabido da Catedral de Tui (1625)
· Arquidiocese de Santiago (1557-1775)
· Cabido da Catedral de Santiago (1650)
· Fundación Oliveros do Porto, Póboa do Caramiñal (1583-1888)
· Obra Pía de Huérfanos de la Coruña (1802-1803)
· Escuelas de Cristo (San Felipe Neri), Santiago (1712-1887)
· Colexio Maior Santiago Alfeo, de Santiago (S. XVI-XIX)
· Congregación de María Santísima das Dores, Ferrol (1792-1863)
· Colexiata de Baiona (S.a.: s. XVIII?)
· Parroquias (1557-1941)
Santa María de Vilamor, San Mamede de Alborés, San Xoán de Baión, Santo Adrián de Calvos, San Xurxo de Buria, San Nicolás da Coruña, Santiago da Coruña, San Xulián de Narón, San Fins de Solobio, San Xoán de Santiago, Santa María do Camiño de Santiago, Santa María Salomé de Santiago, Santa María de Biduído, San Miguel de Cabreira, Santiago de Covelo, San Mamede de Zamáns.

2.4.2. Clero regular
3 unidades de instalación.

· Convento de Nosa Señora da Ensinanza de Santiago (1739-1777)
· Convento de Agustinas Recoletas de San Cristovo de Vista Alegre de Vilagarcía.
· Convento de Santo Agustín de Caión (1719-1740)
· Convento de Santo Agustín de Santiago (1711)
· Convento de Santa Clara de Santiago (1521-1603)
· Convento de San Domingo da Coruña (1708-1712)
· Convento de Santo Estevo de Salamanca (1831)
· Convento de San Domingo de Pontevedra (1566-s.a.: s. XVIII)
· Mosteiro de Caaveiro (1743-1767)
· Mosteiro de Celanova (1509)
· Mosteiro de Lérez (s.a.: s. XVII)
· Mosteiro de Montserrat (1729)
· Mosteiro de Oseira (1586-1609)
· Mosteiro de San Martiño de Santiago (1487-1745)
· Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago (1561)
· Mosteiro de San Paio de Santiago (1487-1584)
· Mosteiro de Santa María de Monfero (1572-1574)
· Mosteiro de Santa María de Oia (1813)
· Mosteiro de San Domingo de Bonaval de Santiago (1530-1702)
· Mosteiro de Sobrado (1625-1761)
· Mosteiro de Toxos Outos (1569-1627)

3. FONDOS ESPECIAIS

3.1. Colección de diplomas (1135-s. XIX)
3 unidades de instalación.
En pergameo.

3.2. Colección de libros manuscritos (1556-1896)
106 volumes.
Onde salientan polo seu número as executorias de fidalguía, en pergameo ou papel, con preciosas encadernacións, ilustradas con viñetas, armas e escudos dos solicitantes.

3.3. Colección “A” (s. XVIII-XX)
3 unidades de instalación.
Cartas, poesías, escritos, notas de intelectuais e literatos coma: Joseph Cornide, marqués de Figueroa, Rosalía de Castro, Montero Ríos, Alfredo Brañas, Pondal, Curros Enríquez, Pardo Bazán, Antón Vilar Ponte, Castelao, Bóveda, Vicente Risco, Valle-Inclán e moitos outros.

3.4. Coleccións “B” de documentos soltos
Unha de documentos medievais e do século XVI en papel e pergameo, galegos, e outra de documentos soltos, en papel do século XV ao XIX, ambas dúas pendentes de ordenación, polo que non se coñecen aínda as cifras totais.

3.5. Colección cartográfica (s. XVIII-XX)
54 pezas.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Libre consulta pero suxeita a condicións especiais. Aínda non se redactou o regulamento sobre o funcionamento xeral do arquivo.
4.2. Condición de reprodución Limitada polas condicións de conservación de documentos. Non se permite xerocopiado, nin escaneado. En casos excepcionais pemítese fotografado sen utilización de flash.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do galego, con documentación en castelán e latín.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
A documentación atópase en xeral en bo estado de conservación, aínda que algúns documentos forais e xurídicos, e mais privados moi antigos precisan de tratamento. Os soportes son fundamentalmente en papel, tamén en pergameo.
4.5. Instrumentos de descrición

- Cadro de clasificación, inventario somero e inventario analítico de boa parte dos fondos en fichas mecanografadas.
- Catálogo e índice informatizado da serie correspondencia do fondo Ramón Otero Pedrayo.
- Rexistro topográfico de parte dos fondos.
- Guía das coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol / Olga Gallego e Pedro López. – Vigo, 1980.



5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Os documentos orixinais do fondo Ramón Villar Ponte, (1818-1956), 9 uds. de instalación, están en poder da súa familia. Os documentos conservados neste arquivo son xerocopias destes orixinais.
5.2. Existencia e localización de copias

Están dixitalizados os seguintes fondos:
· As cartas de Victoriano García Martí a Ramón Pedrayo [Autógrafos manuscritos e mecanografados], (1952-1967), 44 pezas.
· Os “Libros de Capillas del Colegio Mayor Santiago Alfeo” [Manuscritos], (1567-1812), 5 volumes.
· Gallaecia Regnum [Mapas gravados e coreados a man] / descripta por F. Fer. Ojea, (1600 e 1634), 2 pezas.
· Sonetos en galego [Autógrafo manuscrito] / de Antonio Arias Teixeiro, (1841). – 1 volume.
· Égloga de Belmiro e Benigno [manuscrito] / atribuído a Nicomedes Pastor Díaz, [ca. 1828], 1 volume.
· “Poema da infancia” [Autógrafo manuscrito] / de Francisco Añón Paz, (1849), 1 volume

5.3. Unidades de descrición relacionadas
5.4. Nota de publicacións Bibliografía no instrumento de descrición.


6. Área de notas
6.1. Notas Un 25 % dos fondos está pendente de descrición, polo tanto algunhas das datas extremas poderían variar.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Na actualidade o arquivo Penzol non conta con persoal técnico arquiveiro.
7.2. Regras ou normas As regras de organización da meirande parte dos fondos son as utilizadas tradicionalmente pola arquivística antes da aparición das norma ISAD (G), Norma Internacional General de Descripción Archivística. No fondo Ramón Otero Pedrayo que se está a describir e nos fondos pendentes de descrición utilizarase a devandita norma.
7.3. Data da descripción 2005, maio, 23

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/06/2005 13:29
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/