A Deputación de Pontevedra dá unha nova dimensión e un novo enfoque á súa tradicional celebración do Día da Hispanidade creando uns premios, que se denominan Entreculturas, para recoñecer o seu labor desde dentro e fora de Galicia en pro da solidarizade, a integración o mutuo apoio e a profundización do coñecemento entre os pobos.
O novo enfoque da celebración do Día da Hispanidade pretende subliñar o papel da provincia de Pontevedra como ponte entre Portugal e Galicia, Galicia e España e España e o mundo hispánico.
Pretende tamén conmemorar o encontro entre culturas que supuxo a xesta de Colón, na que participou activamente a provincia de Pontevedra. E, sobre todo, quere axeitar a tradicional celebración do 12 de outubro á nova realidade social da provincia, Galicia e España como terra de acollida, de encontro entre culturas e de integración de emigrantes.
|