[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Catálogo
Páxina Principal
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Revistas
Libros dixitais

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9
CATÁLOGO 

Revistas

  • OBXECTIVOS

    O Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra vén desenvolver nos últimos anos unha política de diversificación nas súas publicacións, que se fai patente nas numerosas coleccións que integran o seu fondo editorial.

    O decidido apoio ó mundo da investigación e o notable incremento, tanto en cantidade como en calidade, de estudos neste campo motivou a creación da colección “Publicacións periódicas”, unha nova fonte de información periódica e actualizada. Na citada serie insírense tres revistas, publicacións seriadas compostas por artigos e traballos de investigación do campo das Ciencias sociais, Humanidades e Sociolingüística: Pontevedra. Revista de estudios provinciais, Pontenova. Revista de novos investigadores e Pontenorga. Revista de estudios sociolingüísticos.

    Entre os obxectivos das revistas, cabe destacar:

    · Promover as publicacións periódicas, fontes de información rápida, debido á brevidade das exposicións, e actualizada.

    · Estimular e difundir a investigación, tanto entre destacados investigadores (Pontevedra) como entre a xente máis nova (Pontenova).

    · Difundir a realidade histórica, social e cultural galega. Galicia convértese no eixe fundamental de estudo, e máis concretamente, a provincia de Pontevedra.

    · Impulsar o idioma galego.

    · Fomentar unha política de información e de diversificación, con revistas caracterizadas pola variedade de áreas de estudo así como de autores.

    · Permanente adecuación ó cambio, fortalecendo a biblioteca tradicional e incorporando paulatinamente a biblioteca virtual. A través desta páxina web os cidadáns poderán consultar os fondos editoriais e poderán, así mesmo, acceder ás últimas revistas en liña, utilizando deste xeito as novas tecnoloxías ó servizo da universalización do acceso á información.

  • COMITÉS CIENTÍFICOS

    COMITÉ CIENTÍFICO PONTEVEDRA
    Blanco González, Mª Romina
    Lic. Ciencias Políticas e da Administración

    Castro Fernández, Antón

    Profesor de Arte Contemporánea da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

    De la Peña Santos, Antonio Arqueólogo-conservador do Museo de Pontevedra

    Pereira Figueroa, Miguel
    Historiador
    Director da Editorial da Deputación

    Pérez-Santamarina Feijóo, Lourdes
    Lic. Xeografía e Historia
    Conservadora do Arquivo e Biblioteca

    Rei Núñez, Luis
    Escritor e xornalista

    Sobral Iglesias, Antón
    Profesor da Escola Superior de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra

    Soto Espiña, Celia Filóloga
    Técnico asesor de Publicacións

    Vallejo Pousada, Rafael
    Profesor titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo

    Vázquez Varela, José Manuel
    Profesor titular da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

    Vicente Rivas, Ana Mª
    Filóloga
    Técnico asesor de Publicacións

    COMITÉ CIENTÍFICO PONTENOVA

    Abal Sabarís, Mª Jesús
    Lic. Xeografía e Historia

    Aguete Landín, Elena
    Lic. Xeografía e Historia
    Sección Historia da Arte

    Blanco González, Mª Romina
    Lic. Ciencias Políticas e da Administración

    De la Cruz Casalderrey, Beatriz
    Lic. Xeografía e Historia
    Sección Xeografía Aplicada

    Pereira Figueroa, Miguel
    Historiador Director da Editorial da Deputación

    Pérez-Santamarina Feijóo, Lourdes Lic. Xeografía e Historia Conservadora do Arquivo e Biblioteca Sobral Iglesias, Antón Profesor da Escola Superior de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra

    Soto Espiña, Celia Filóloga Técnico asesor de Publicacións

    Trabazo Freire, Ernesto Lic. Historia

    Valenzuela Senn, Mª Eugenia Lic. Xeografía e Historia Sección Historia da arte

    Vicente Rivas, Ana Mª Filóloga Técnico asesor de Publicacións

    COMITÉ CIENTÍFICO PONTENORGA

    Aguete Landín, Elena Lic. Xeografía e Historia Sección Historia da Arte

    Cacheiro Varela, Maximino Profesor titular de Literatura hispanoamericana na Universidade de Vigo

    González Fernández, Juan Miguel Doutor en Historia

    Mallo Parcero, Julia Lic. Xeografía e Historia

    Pereira Figueroa, Miguel Historiador Director da Editorial da Deputación

    Soto Espiña, Celia Filóloga Técnico asesor de Publicacións

    Trabazo Freire, Ernesto Lic. Historia

    Valenzuela Senn, Mª Eugenia Lic. Xeografía e Historia Sección Historia da arte

    Vicente Rivas, Ana Mª Filóloga Técnico asesor de Publicacións

    NORMAS DE PUBLICACIÓN

    · Considerarase a publicación de calquera tipo de traballo sempre e cando acade un nivel de calidade suficiente e se cinga ós temas e ámbitos propios da correspondente revista.

    · Os traballos remitiranse ó seguinte enderezo: Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra. Cidade Infantil Príncipe Felipe (4ª planta). Avda. de Montecelo, nº 12, 36161, Pontevedra. Tamén se poderán enviar ó seguinte enderezo electrónico: publicacions@deputacion.depontevedra.es. Indicarase en todo caso a revista para a cal se presentan e a data de envío do traballo.

    · Os artigos enviados presentaranse en galego ou castelán, por escrito e en soporte informático. Terán unha extensión máxima de 50 páxinas (revista Pontevedra) e 30 páxinas (revista Pontenova) e irán precedidos dunha primeira páxina onde consten os datos completos do autor: nome, apelidos, enderezo e teléfono. Así mesmo, cada un dos traballos deberá incluír un pequeno resumo que non supere as 30 liñas.

    · Ós traballos poderase achegar documentación gráfica (debuxos, fotografías, planos, gráficos, mapas, cadros, esquemas, etc.), sempre que sexa de calidade suficiente para a súa reprodución, en branco e negro ou en cor. O autor deberá sinalar a situación na que desexa que aparezan as figuras e cadros dentro do texto. Toda documentación tomada doutra publicación haberá indicar a fonte de procedencia.

    · O autor enviará a versión definitiva xa que non se admitirán novas versións que modifiquen o orixinal.

    · Os orixinais recibidos serán analizados por un comité científico que valorará a inclusión do artigo na revista.

    · Antes da publicación definitiva remitiránselle as probas ó autor para a súa corrección. Este deberá corrixir as ditas probas nun prazo non superior a unha semana co fin de non retrasar o proceso da edición. Deberá sinalar as correccións e os cambios que considere oportunos pero non poderá realizar variacións significativas que supoñan un traballo adicional de composición e impresión. A editorial resérvase a corrección estritamente lingüística.

    · Os autores recibirán as separatas e dous exemplares do volume no que se publique o estudo. Así mesmo, informaráselles con antelación suficiente da data de presentación da revista.

  • Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9

    INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/02/2011 10:17
    Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
    Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
    Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
    http://www.depontevedra.es/