[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 25 DE SETEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial » Coleccións
Páxina Principal
Editorial
Información
Coleccións
Publicacións periódicas
Distribución e venda
Catálogo
Buscador de publicacións
Índice de títulos
Índice de autores
Coleccións
Revistas
Libros dixitais

Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9
CATÁLOGO 

Coleccións

  • A provincia en imaxes

    O auxe do coleccionismo postal, ó que non é alleo, no que atinxe á provincia pontevedresa, a celebración do I Simposio da Tarxeta Postal que tivo lugar en Vigo do 17 ó 23 de decembro de 1977, supuxo a inclusión nas series do Catálogo de traballos -textos e imaxes- onde se reflicten aspectos da vida cotiá nos concellos, os seus monumentos, riquezas naturais, usos e costumes. Sen ser estrictamente "libros de fotografías", estas reteñen o protagonismo.

  • Arte

    Nos seus inicios en 1991 a colección denominada Arte nutriuse fundamentalmente dos catálogos dedicados a artistas que tiñan o común denominador de iniciar aquel proxecto de comezos dos 80 coñecido por "Atlántica". Francisco Leiro abriu a serie e seguíronlle Jesús Valverde, Xosé Freixanes, Fernando Casás, Manolo Moldes, Antón Lamazares, Manolo Paz, Menchu Lamas, Berta Cáccamo, Enrique Velasco, Darío Basso, Xoán Anleo, Tono Carbajo, Silverio Rivas e Din Matamoro; todos eles "renovadores e innovadores" naturais da provincia pontevedresa. Enseguida se incluíron monografías que acollen artistas de prestixio cuxas obras conforman o actual panorama artístico da provincia.

  • Arte & Estética

    No mes de maio de 1998 o Servizo de Publicacións reestruturou unha parte importante do seu Catálogo para recibir textos de autores relacionados co mundo da actividade artística. Concibida como unha colección numerada, Arte & Estética iniciábase cunha serie de escritos firmados por Rosa Olivares, aparecidos en revistas especializadas ou catálogos de exposicións. Tratábase de volumes de reducido formato que, de maneira progresiva, se instalaron nas librerías máis importantes e nas mais máis consideradas salas de exposicións.

  • Benito Soto

    No outono de 1948 fraguouse en Pontevedra un ambicioso plan cultural, encamiñado a dar a coñecer unha colección poética na que un grupo de autores edita a súa propia obra. Así, entre 1949 e 1951 saen á luz diferentes volumes que se agrupan baixo o xenérico "Benito Soto" e firman Emilio Álvarez Negreira, Sabino Torres Ferrer, Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Tomás Barros, Ricardo Carballo Calero, Eliseo Alonso, Luis Pimentel, Manoel María, José Ruibal, Augusto Casas, Manuel Fabeiro Gómez e Juan Pérez-Creus. Ilustran a colección os lapis de Rafael Alonso, Agustín Portela, o propio Tomás Barros e A. Fernández.

  • Cíes

    Para reemprazar o espazo literario que cubría Tambo naceu esta nova colección. Co nome doutras das nosas illas, Cíes retoma o interese da Institución por recoller no posible a obra poética de autores da provincia.

  • Ensaio e Investigación

    Os primeiros títulos desta colección apareceran de forma sucinta como traballos de investigación para a revista Pontevedra, e común a todos era o tratamento de temas referentes á provincia (Gamelas y marineros; Fortalezas de la antigua provincia de Tui; A Comarca do Deza; O antigo concello de Lavadores; A Estrada rural; O nacemento dos Concellos da provincia de Pontevedra; El puerto de Marín; Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX; Pescadores del Miño...). Tamén hai referencias a un campo xeográfico máis amplo: A comarcalización en Galicia; O cooperativismo católico no proceso de modernización da agricultura galega, 1900-1943; Xogos de azar en Galicia; Geografía de la vid y el vino en Galicia. En 1995, a Federazione Europea della Stampa Turistica premiou unha das obras incluídas nesta serie, a Cartografía antiga de Galicia.

  • Especiais

    Non todos os orixinais recibidos no Servizo de Publicacións para a súa edición poden encaixarse facilmente nas series de coleccións establecidas para o efecto, o que motivou que pasasen a denominarse "Especiais", editándose como obras independentes sen cabida nas citadas series.

  • Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía.

    Esta colección está integrada por aqueles libros que teñen como fondo as interrelacións humanas, son estudos de tipo sociolóxico, de comportamento (antropoloxía cultural), ademais daqueles outros que amosan os testemuños físicos derivados das vivencias das comunidades humanas (etnografía).

  • Fillos ilustres da provincia de Pontevedra

    Se o resto das coleccións se refire a actividades desempeñadas polo intelecto e que teñen a súa aplicación práctica en forma de expresión plástica ou investigación, esta serie, con moi poucos títulos, pretendía honrar ós nados na provincia de Pontevedra. Dúas obras conforman a colección polo momento, referidas ás vidas de Joaquín Loriga e Wenceslao Calvo Garra, pioneiros da aviación e do campo da Histoloxía respectivamente, fillos ilustres do concello de Lalín.

  • Helenes

    Helenes é un proxecto que agrupa unha serie de títulos circunscritos a Pontevedra, cidade capital. "Helenes Bella", porque así a quixeron chamar os neorrománticos, tería desta maneira a súa propia serie con cabida para a política local, o deporte, a narrativa e a historiografía, as súas institucións e, en fin, os personaxes destacados na súa relación coa cidade.

  • Heráldica e Xenealoxía

    Ós dous anos de vida do Servizo de Publicacións, editados uns vinte libros, recibíronse os orixinais dunha obra sobre as labras heráldicas existentes na zona monumental, o antigo casco vello amurallado. Por estas datas celebráronse as I Xornadas de Heráldica Municipal e Sixilografía en Pontevedra, iniciándose ó mesmo tempo a colección editorial que recollerá as labras dos templos da provincia, desde as de Pontevedra -Santo Domingo incluído- ata, posteriormente, engadir as das localidades importantes pola súa riqueza en pedras de armas: Tui, as vilas do Morrazo, O Salnés e, en breve, a comarca do Deza.

  • Infantil

    Dos seis títulos que iniciaron a colección, A pequena aventura de Oscariño; 150 anos da Deputación de Pontevedra; Un camiño de auga; Colmeiro; Tres flores, tres pastoras, allá lejos; Os incendios forestais en Galicia e Fauna galega para nenos galegos, soamente hoxe se conservan contados exemplares do relato de Eliseo Alonso. O resto dos títulos, dende o punto de vista editorial, considérase esgotado.

  • Natureza Galega

    Unha das primeiras coleccións do Catálogo de Publicacións de 1987 iniciouse coa publicación Vegetación de Las Gándaras de Budiño, rapidamente esgotada, e dous anos máis tarde coa obra Itinerario socioecológico por el tómbolo de La Lanzada. Seguíronlle un estudo da fauna e flora dunha zona húmida, As ribeiras do Louro e un Manual de Ornitoloxía. En outubro de 2003 o grupo reforzouse con novos títulos sobre muíños de auga, en formato bibliográfico ou en soporte videomagnético ata incluír interesantes documentos audiovisuais cunha calidade excepcional que amosan trazos da fauna e a flora da nosa provincia.

  • Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra

    A partir do ano 1996 iníciase esta nova colección para a difusión do patrimonio documental da provincia, especialmente o dos concellos, pero tamén doutros fondos de interese, logo da modificación dos criterios técnicos no proceso organizativo desenvolto polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental, nunha aposta pola unificación a nivel nacional. Modifícase o formato dos instrumentos descritivos e apóstase pola súa informatización. Inclúe xa a práctica totalidade dos concellos da provincia, esperando completarse nun futuro, ademais dos inventarios dos arquivos das entidades locais menores, do Instituto de Pontevedra ou do patrimonio documental conservado dalgunhas Irmandades de labradores e gandeiros.

  • Plan de Organización de Archivos Municipales

    Concibiuse como difusión do patrimonio documental dos concellos da provincia, logo da súa organización dentro do Plan establecido para tal fin pola Deputación Provincial no ano 1981. Editáronse un total de vinte inventarios de diferentes arquivos municipais, cunha pequena guía, cadro de clasificación e inventario, de acordo co criterio e clasificación utilizado daquela na provincia de Pontevedra. Considérase unha colección pechada, chegando a ter un total de vinte números.

  • Poesía e narrativa

    En 1987, cando se cumpría un ano do funcionamento do Departamento de Publicacións, editouse un conxunto de poesías do desaparecido Luis Almazán e un conto do tamén falecido Eliseo Alonso. Máis entregas pertencentes a eses campos literarios precipitaron a creación da serie Poesía e Narrativa, aberta a todo tipo de expresión e desenvolvemento formal. A esta colección pertence a antoloxía poética de Isaac Otero, Vuelo Sonoro, que foi seleccionada, xunto con outras, para representar o libro español na feira de Frankfurt en 1992.

  • Publicacións periódicas

    O terceiro número da revista Pontevedra publicábase en 1988, reiniciándose así a continuidade e periodicidade que hoxe a caracteriza, dende o número cero aparecido en 1981. O sumario ofrecía traballos de investigación sobre contidos moi diversos, preferentemente de ámbito provincial. En 1995 sae o número cero da publicación "Pontenova", con idénticos propósitos e ofrecendo as súas páxinas ós novos autores. A terceira das revistas, "Pontenorga", sae tamén á luz no ano 1998, cun claro contido sociolingüístico.

  • Reedicións e Facsímiles

    Baixo o epígrafe de Reedicións e Facsímiles atópanse aqueles títulos que no seu momento foron ben recibidos polos lectores, necesitando dunha reimpresión requirida por aquela implícita demanda, ou pola oportunidade editorial no mercado. Dalgunha das obras do Catálogo fíxose unha edición facsimilar.

  • Tambo

    Poderíase falar dunha serie "restrictiva" orientada a publicar a obra de poetas xa asentados, cunha ampla traxectoria no campo da lírica e con méritos adquiridos. É unha serie numerada que toma do illote pontevedrés a súa denominación. Iniciouse en abril de 2000 e pecha no ano 2003 con dezaseis títulos editados.

  • Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 6 7 [8] 9

    INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/10/2012 10:30
    Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
    Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
    Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
    http://www.depontevedra.es/