[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 18 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Nigrán


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Nigrán

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36035.AMNIG.
1.2. Título Arquivo municipal de Nigrán
1.3. Datas 1807-2015
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 9.653 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Nigrán
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa.

Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias.

Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa.

No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o ferro como elementos constructivos, dotado de amplos ventanais que marcan o seu aspecto exterior; dependendo da configuración do terreo, ten un aproveitamento en semisoto nunha das súas as, así como dunha parte da estructura baixo cuberta.

O local destinado a arquivo, ocupa precisamente a metade do espacio aproveitable no soto do edificio, con acceso dende o distribuidor da entrada e dende o salón de sesións; a parte posterior da Casa Consistorial ten acceso directo a sala colateral do arquivo, destinada a garaxe e almacén municipal e que deberá, no seu día, servir de espacio para necesarias ampliacións.

O arquivo dispón dunha superficie total de 42 metros cadrados, sen ventilación exterior nin iluminación natural, pero que, por ser recente a súa construcción presenta boas condicións de habitabilidade. O elevado volume documental conservado fixo necesario atopar o máximo aproveitamento deste espacio dispoñible, polo que dotouse dunha estantería metálica compactada, cun total de dez corpos de estantería fixos, nos laterais , e cinco módulos móbiles de dez corpos cada un, de dobre ancho, que supón un total de 410 metros lineais, dos que se han ocupado con documentación un oitenta por cento. A escaseza da superficie do local impide a colocación de mobiliario para consulta e tratamento documental.

Como queira que este local no foi suficiente para dispor a totalidade da documentación, na espera de remtar a ampliación da casa do concello ténse habilitado un novo depósito local nun edificio próximo á casa do concello.

O proceso técnico de organización do fondo documental conservado no municipio de Nigrán, iniciase no ano 1987, coincidindo co remate das obras de reforma da casa do concello e o necesario traslado da documentación dende as instalacións provisionais que ocupaba este por aquel entón. Por este motivo a documentación presentaba un grado elevado de desorde e un estado de conservación deficiente, pese o cal o volume da mesma era abundante.

Rematada esta primeira fase acometeuse unha actuación de reincorporación no ano 1990, e outra no ano 2000 de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, quedando sen finalizar.

Dende esta data asume o propio concello, mediante a contratación de persoal específico para o arquivo, o control e xestión do mesmo, posto que ocupa dende ese ano Cristina Aballe Román.

Finalmente no ano 2005 establécese unha nova colaboración a fin de rematar o proceso de adpatación iniciado no 2000 e para a incorporación de novos fondos documentais producidos nestes últimos anos.

Todos estes traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo
Cristina Aballe Román
Jorge Abel Otero
Ana Álvarez Villar
Isabel Balchada Bermúdez
José Luis Castro Carpintero
Iria Chaves Moledo
Jacobo Domínguez Pedreira
Alfonso Ferreiro Monteagudo
Purificación García Blanco
Blanca García-Señoráns Álvarez
Manuela González Rey
Borja Mazaira Fernández
Francisco Orge Ventín
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Isabel Revenga Portela
Montserrat Romero Alonso
Iñaki Varela Pérez
Margarita Veiga Villaverde

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Culminado este conxunto de procesos técnicos conta o arquivo municipal cun total de 9.653 unidades de intalación nas que se dispoñen a totalidade dos documentos, libros e expedientes, abarcando un periodo temporal que vai de 1807 ata o 2015.

É abundante a documentación conservada neste arquivo producida no século pasado, así os libros de actas do pleno consérvanse dende 1837 , os da Comisión Permanente, completos dende 1924 e os da Xunta Municipal de Asociados dende 1878. Resaltar especialmente os libros de afanegado dende 1807, os censos da poboación dende 1817 e os libros do rexistro de nacementos, defuncións e matrimonios dende 1841. Os libros resultantes da xestión orzamentaria consérvanse con certa continuidade dende os anos oitenta no século pasado.

Os documentos illados e expedientes referidos a sesións da Corporación, alcaldes e concelleiros consérvanse, en parte, dende 1837; destacar así mesmo documentación sobre persoal , asuntos xurídicos e orzamentos dende 1842; os de quintas e patrimonio dende 1837 e a documentación sobre usos e consumos, rústica e urbana dende 1836 e 1844, respectivamente.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Nigrán”
Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 20D.L. PO-106-92 ISBN: 84-86845-89-0
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 11:16
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/