[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio
Internet rural
Convocatoria 2004
Convocatoria 2005

DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Unidade de Promoción e Desenvolvemento

A Unidade de Promoción e Desenvolvemento, promovida pola Deputación Provincial e financiada pola Consellería de Traballo, constitúese como un módulo de intervención no territorio provincial. A súa finalidade é actuar sobre as potencialidades de desenvolvemento, fomentando a creación de emprego.

Comezou o seu traballo o 30 de decembro de 2004 e está prevista a súa continuidade ata decembro de 2006.

O principal obxectivo é o deseño, a planificación e a execución dun conxunto de medidas que van estimular a actividade económica da provincia dende a perspectiva da xeración de emprego, dentro dunha estratexia de apoio ós procesos de desenvolvemento local dos concellos da provincia, dende a Deputación Provincial.

Ademais conta cos seguintes obxectivos estratéxicos:

  • Investigar oportunidades de investimento e desenvolvemento local
  • Facilitar que a información sobre o emprego e esas oportunidades de desenvolvemento se divulgue ós/ás técnicos/as e ós/ás axentes locais de emprego, con interese no desenvolvemento local e na creación de emprego
  • Colaborar en plans de acción e políticas activas de emprego, especialmente aqueles relacionados cos novos xacementos de emprego
  • Proporcionar ós/ás técnicos/as locais de emprego da provincia recursos e metodoloxías para unha mellor consecución do seu traballo
  • Colaborar activamente con axentes e entidades da provincia no deseño de iniciativas de desenvolvemento local e emprego
  • Apoiar a entidades promotoras de proxectos de escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego no deseño e realización dos proxectos
  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías da información entre todos aqueles axentes implicados no desenvolvemento local e que toman parte nas políticas activas de emprego
  • Integrar a igualdade de oportunidades en todos os obxectivos mencionados anteriormente

Todos estes obxectivos trata de cumprilos mediante a aplicación de dúas medidas integradoras:

MEDIDA I: Promoción Económica do territorio

MEDIDA II: Promoción de Emprego a través da formación, a orientación e finalmente a inserción laboral, a través da realización e promoción de proxectos de escolas obradoiro e obradoiros de emprego, e outras accións que se consideren adecuadas e se desenvolven neste proxecto

Ditas medidas constitúen ademais os departamento nos que se divide o equipo de traballo.

Para máis información visite a web www.upd.depontevedra.es

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/11/2005 13:24
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/