[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 23 DE OUTUBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Internet rural
Páxina Principal
Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios
Servizo de Desenvolvemento Local
Actividades
Unidade de Promoción e Desenvolvemento
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A
Deputrans
Vías Atlánticas
Uniminho
Navi
Cofroem
Cidade +
Proxectos da Iniciativa Comunitaria Interreg III-B
NEA
Proxectos artigo 6 do regulamento FSE
Proxecto Empleocities
Proxectos da Iniciativa Equal
Conta con elas
Convive +
Mercurio
Internet rural
Convocatoria 2004
Convocatoria 2005

Páxina [1] 2 3
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

INTERNET RURAL

¿Que é Internet Rural?

É un programa que xurdiu co obxectivo principal de achegar as novas tecnoloxías ó medio rural proporcionándolle acceso público e gratuíto a Internet en banda ancha a fin de lograr a súa participación efectiva na Sociedade da Información.

¿Cal é a achega da Deputación Provincial de Pontevedra?

A Deputación Provincial cofinancia o proxecto cunha achega de 4.000 euros por telecentro se o concello non dispón de ADSL e de 2.500 euros en caso contrario.

A Deputación Provincial, ademais de dar a coñecer o proxecto, encárgase da convocatoria, preselección e coordinación dos municipios beneficiarios para garantir a asistencia, formación e dinamización dos centros.

¿Que equipamento lle ofrece o programa a cada telecentro ?

O Centro de Acceso Público a Internet ou “Telecentro” constitúese como un espazo público equipado con terminais de acceso a Internet, que se porá a disposición de todas as persoas do municipio. Consta dos seguintes compoñentes:

  • Tres anos de conectividade a Internet en banda ancha
  • Equipamento
    • Terminais avanzados e terminais de navegación
    • Rede local sen fío
    • Periféricos (impresora láser, escáner, webcam, etc.)
  • Servizos de instalación e mantenemento presencial durante 3 anos
  • Tres anos de servizos de control e xestión remoto do centro
  • Portais de servizos a poboacións rurais
  • Servizos de dinamización e formación

Mediante a conexión sen fío é moi sinxelo engadir novas terminais de acceso a Internet. As persoas poderán acudir ó telecentro e conectarse a Internet cos seus propios equipos portátiles dotados dunha tarxeta wi-fi.

Para obter más información pódese visitar: www.telecentros.es

¿En que consisten os servizos de dinamización e formación?

O éxito global do programa ‘Telecentros’ require da dinamización dos centros de acceso público a Internet así como da formación do persoal de soporte.

Propóñense actividades baseadas nos principios de universalidade, transversalidade e inclusión social:

  • Acceso gratuíto a internet
  • Formación de dinamizadores e responsables dos telecentros
  • Acceso ós servizos da e-administración
  • Contidos de interese para os diferentes sectores (agricultura, gandería, etc.) e colectivos (mozos, profesionais, etc.)
    • Formación das persoas que acceden ó telecentro
    • Acceso á información e á comunicación
    • Busca de oportunidades de emprego e fomento das iniciativas empresariais
    • Actividades de acción social
    • Actividades culturais

¿De que medios debe dispoñer un concello ó solicitar un Telecentro?

Os concellos non teñen que realizar ningunha achega económica, soamente deben dispor dun local adecuado de acceso público e dunha persoa que se responsabilice de atender o centro polo menos 5 horas diarias.

INFORMACIÓN ADICIONAL

  • Teléfono de contacto en Deputación: 986 804 135
  • Teléfono da Consellería de Innovación, Industria e Comercio: 981 545 583

AXENTES IMPLICADOS

  • Deputación Provincial de Pontevedra
  • Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia
  • Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA)
  • Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)
  • Entidade Pública Empresarial Red.es (dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) www.red.es

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/11/2005 11:59
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/